venres, 1 de abril de 2011

Festa do Libro Infantil no aniversario de ANDERSEN

 O 2 de Abril , data de nacemento do autor de contos danés Hans Christian Andersen celebramos tamén o día do libro Infantil e Xuvenil.
Moitos dos seus contos tratan o tema do "diferente que desexa ser aceptado...".
Aquí tedes unha mostra : O patiño feo.






Escribiu tamén "O soldadiño de chumbo" " A sereíña", poderás ler moitos dos seus contos clicando na súa imaxe.




Unha lenda conta que os cantos das sereas embruxaban aos homes do mar. 
En Copenhague, un humilde pescador  sucumbiu pola voz dunha  serea mentres realizaba súa faena.
A Sereíña renunciou a súa inmortalidade a cambio de poseer o aspecto dunha muller. Desta forma, conseguiría manter o amor do seu príncipe. 
Este mito foi transmitíndose de xeración en xeración ata que o escritor Hans Christian Andersen escribiu en 1837 o conto como hoxe o coñecemos.


 Estatua da Sereíña en Copenhague (Dinamarca )


Ningún comentario: