mércores, 27 de outubro de 2010

HORA DE LER


HORA DE LER 2010-2011



  Media hora diaria de lectura,despois do recreo, 


en textos elexidos libremente polos alumnos 


entre os existentes na biblioteca de aula nese momento.


HORA DE LER 2010-2011 on PhotoPeach


domingo, 17 de outubro de 2010

CROCAIO INFORMA:


O venres, 1 de outubro, comezou o Mes Internacional da Biblioteca Escolar, co lema “O desafío de atender á diversidade: Bibliotecas escolares para todos”.

Este feito permitirá aos responsables das bibliotecas escolares de todo o mundo empregar todo o mes de outubro para por de relevancia a biblioteca escolar e a súa influencia no rendemento escolar e o desenvolvemento educativo.

A biblioteca CROCAIO aproveita estas datas para abrir de novo as súas portas a toda a comunidade educativa, faremos o noso Día da biblioteca con actividades especiais e sorpresas para todos.

Pronto vos contarei máis cousas. Polo de agora, vai aprendendo esta canción:

O LIBRO MÁXICO:

sábado, 16 de outubro de 2010

2010 ANO DO LIBRO E DA LECTURA EN GALICIA


Le, porque este ano vivirás mil emocións e sensacións novas. Viaxaremos xuntos por lugares coñecidos e descoñecidos, choraremos, pasaremos riscos, risas e aventuras con novos amigos, coñeceremos novas culturas e persoas sorprendentes, redescubriremos a nosa historia, soñaremos un mundo novo...e será noso.

venres, 8 de outubro de 2010

MARIO VARGAS LLOSA PREMIO NOBEL de literatura


Mario Vargas Llosa, escritor e académico de orixe peruano e nacionalizado español en 1993, foi galardonado onte co Premio Nobel de Literatura 2010.
O autor de obras como "La fiesta del chivo" o " La ciudad y los perros" é o primeiro autor, en lengua castellana, que recibe o galardón dende que, en 1990, o gañase o mexicano Octavio Paz. O premio seralle entregado o vindeiro 10 de decembro en Estocolmo.
Vargas Llosa recibiu tamén o Premio Principe de Asturias das Letras en 1986, o Premio Planeta en 1993 e o Premio Cervantes en 1994.
A Editorial Alfaguara Infantil acaba de publicar en España unha
colección especial dedicada ao público infantil chamada "Mi primer", que ten como obxectivo acercar, aos máis pequenos, aos grandes nomes da literatura.








E precisamente, un dos primeiros títulos desta colección é "Fonchito y la Luna" de Mario Vargas Llosa. Ilustrado por Marta Chicote

O conto comeza así:

"Fonchito se moría de ganas por besar las mejillas de Nereida, la niña más bonita de su clase. Nereida tenía unos ojos grandes y muy vivos, una naricilla respingada, unos cabellos negrísimos y una tez blanca como la nieve...".
Con Fonchito podes vivir a emoción do primeiro amor e seguir as aventuras do seu protagonista que demostra o que un é capaz de facer por un ser querido, aínda que a súa petición sexa, nada máis e nada menos, que a Lúa.

Disfruta con Fonchito!!!

venres, 1 de outubro de 2010

POEMAS DO MES DE SETEMBRO

POEMAS DE SETEMBRO

Estou moi ledo de estar novamente con vós nenos e nenas.

Xa chegaron á BIBLIO os POEMAS DA SEMANA, o primeiro tróuxoo a clase de 6º.

Perfecto para o comezo do curso. Aquí o tedes:

ENERGÍA RENOVADA

Mi cabello despeinado,
tan libre como un gorrión,
juguetea con el viento,
que su fuerza le brindó.





Una tarde de piscina
con sombrero y protector
me regaló la energía
del gran sol y del calor.



El tiempo pasó muy pronto,
casi que se me escapó,
y un cuaderno con tareas
hoy mamá me preparó.




El colegio ya abrió sus puertas
y es tiempo de comenzar
con energía renovada
y ganas de trabajar.
Patricia Mazzucci





O segundo poema troxéronno os de 5º curso, e como non podía ser doutro xeito saúda ó novo e recén chegado OUTONO:

OUTONO DOURADO
Ven vindo outono dourado
coa túa frautiña de vento
e o teu pantalón mollado.

Brinca no medio dos montes
co arrecendo no pelo
das espigas e das fontes.

Cóllelle a dianteira ó frío
acastañando nas cores
da beira do río.

ven vindo, outono dourado,
cos petos cheos de noces
e de ourizos regañados.

Poema de Ana Mª Fernández do seu libro "ONDAS DE VERDE E AZUL"