Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro de regueifas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro de regueifas. Amosar todas as publicacións

luns, 12 de decembro de 2022

Obradoiro de regueifas.

O alumnado de 4º, 5º, e 6º de primaria, o pasado 28 de novembro, desfrutaron dun obradoiro de regueifas a cargo de O Carucho e Pinto d´Herbón, organizado pola Sección de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Son uns cracks regueifando e tamén o son animándoo a facelo. Explicáronlles tamén de onde vén a tradición. E como colofón, animaron aos peques a que compuseran eles mesmos as súas propias regueifas. Podedes ver no vídeo un anaco da súa creación e interpretación. Resultou moi interesante, aprenderon un montón e pasárono moi ben. Un obradoiro de 10!