Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DAS ESCRITORAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DAS ESCRITORAS. Amosar todas as publicacións

venres, 17 de outubro de 2025

Día das Escritoras

Bo día seguidor@s da Bibliocrocaio!

Esta semana celebramos o Día das Escritoras con diversas actividades. 

Queremos deixarvos aquí as que fixo o alumnado de educación infantil e primeiro e segundo de primaria.



O alumnado de infantil e primer ciclo de primaria recopilaron cinco libros da nosa biblioteca escritos por escritoras ás que lle teñen especial cariño.





En infantil despois de falar deles e das súas autoras, seleccionaron palabras dos libros escollidos, e con elas inventaron os seus propios contos ou historias. 











Deixamos aquí algunhas das súas gravacións.

Audio 1     Audio 2     Audio 3


En primeiro e segundo de primaria centráronse no libro Dez gatiñas viaxeiras de Eva Mejuto e fixeron as súas propias versións por escrito.






luns, 17 de outubro de 2022

DÍA DAS ESCRITORAS

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España e a súa VIII edición celébrase este ano 2022,  o 17 de outubro. 

Ilustración de Nuria Díaz.


Para celebralo organizamos unha tarefa na bibilioteca que nos permitiu desfrutar dalgunhas obras realizadas por mulleres que o alumnado ten a disposición no centro.  



  





















 


E para despedirnos, este extracto dunha obra de Paula Carballeira, que nos invita a reflexión dado os tempos que estamos a vivir. 

       "Houbo unha vez unha guerra.

       Despois da guerra, quedamos sen casa.
       -Non importa -dixo miña nai-. Temos un coche.
       Fomos vivir ao coche.
       Desde entón, vivir era viaxar." 
 
Paula Carballeira. O principio. (Kalandraka, 2012)