O inicio de novembro ven acompañado de novas recomendacions lectoras relacionadas coas conmemoracións deste novo mes.
02 novembro 2026
27 outubro 2026
Día das Bibliotecas. Apertura da Bibliocrocacio
19 outubro 2026
Día das Escritoras
Hoxe se celebra a XI Edición do "Día das Escritoras" baixo o lema "As amigas como forma de liberdade". Por isto, estas producións colaborativas do alumnado de infantil e primaria decoran a porta de entrada do centro.
08 outubro 2026
Recomendacións lectoras outubro
Benvidas e benvidos a este novo curso 2026/2027!
Na Bibliocrocaio todo volve a coller forma despois do verán e pronto teremos a súa apertura. Mentres tanto deixámosvos estas recomendacións lectoras para celebrar as conmemoracións deste mes de outubro.
18 xuño 2026
Guía de lectura xuño 2026
Hola amiguiños e amiguiñas!
Xa remata este curso e queremos animarvos a ler no verán con estas recomendacións lectoras dende a nosa Bibliocrocaio.
Agradecervos a vós e ás vosas familias a vosa colaboración ao longo do curso, aportando tanto para o PDI "Comeza a viaxe" como contacontos e outras actividades feitas na biblioteca.
Desfrutade moito do verán!!
Vémonos o curso que ven!!
10 xuño 2026
Diplomas e agasallos para o noso voluntariado.
O voluntariado que colaborou este curso coa nosa Bibliocrocaio, recibiu como recoñecemento á súa labor un diploma e un agasallo.
Dende o equipo de biblioteca queremos agradecervos todo o voso traballo: colocando libros, ordenando, facendo de contacontos, como padriños e madriñas lectoras, facendo préstamos e outras tarefas.
Moitas grazas a todos e todas!!
09 xuño 2026
Receitas galegas das nosas familias.
Dentro do PDI da nosa Bibliocrocaio, en infantil como xa sabedes, están a traballar Galicia.
As familias colaboraron esta vez axudando a buscar algunha receita galega e escribir cos seus fillos/as os ingredientes e a elaboración.
Gran traballo nen@s e familias!!
08 xuño 2026
Colaboración familias. Nai de Marina.
Yara, a nai de Marina, veu a infantil a lernos un precioso conto "Hotel para bichitos", e fixo con tod@s un hotel con material que trouxo da súa casa, e tamén comida para os paxariños con crema de cacahuete e semillas.
Moitas grazas mami!
Pasámolo xenial, preciosa actividade!
06 xuño 2026
O día a día do noso voluntariado
Agora que está rematando o curso, queremos agradecer a todo o alummado voluntariado, que tanto traballou este curso, pola súa labor: Lendo contos aos máis cativos, apadriñamento lector, colocando os libros que deixan os pequenos na cesta, facendo préstamos ou devolucións, buscando libros para o expositor das conmemoracións de cada mes, preparando a biblio para recibir autores e familias, ordenando a biblio creativa... para que así de estupenda estea a nosa Bibliocrocaio.
Moitas grazas chicos e chicas pola vosa gran labor!!






.jpg)
.jpg)
.jpg)



.png)





.jpg)















.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)