mércores, 30 de marzo de 2016

martes, 22 de marzo de 2016

Manualidade sobre un conto clásico

Animádevos a compartir cos vosos fillos e fillas o conto que levaron en préstamo da Bibliocrocaio, lédeo, contádeo , representádeo, todo o que se vos ocurra facer con el, e despois transformádeo nunha manualidade, podedes utilizar calquer









clase de material, reciclar, debuxar...un traballo colaborativo. Con esta actividade ademais de fomentar a lectura dos contos e mover libros en préstamo da nosa Biblioteca, faremos unha exposición con obxectos relacionados con contos clásicos, poden ser toda clase de obxectos que fagan alusión a algún conto, capuchas vermellas, peluches de lobo, pinochos, mesmo contos antigos dos que liamos antes e por suposto as manualidades que elaboredes nestes días...Agardámolas!
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

luns, 21 de marzo de 2016

Día mundial da Poesía e comezo da Primavera



Manuel María, canta así á poesía:
A Poesía é luz do día,
mallo, 
trasmallo,
forza do traballo,
dureza do callo,
dor,
amor,
berro aterrador,
sorte,
morte,
semente,
xente.
.....
A poesía
é un pan
para o ser humán.

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, unha data que serve para lembrar a importancia da Palabra poética, e para espallala. A directora xeral da UNESCO, Irina Bukova, é clara na súa declaración:  
«A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar. Permítenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade. Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos programas de educación de calidade. ... O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na sensibilidade do outro, por moi distante que se atope en termos xeográficos.»
As bibliotecas escolares galegas contribuimos a celebrar esta data.

domingo, 20 de marzo de 2016

Para ler esta semana:


Os cinco contos máis lidos en todo o mundo, con bruxas malvadas, fermosas princesas, nenas e nenos valientes e maxia e fantasía para encher os momentos de lectura.
 Os contos cásicos deos irmáns Grimm adaptados por Geronimo Stilton.

domingo, 13 de marzo de 2016

A escribir contos!

O conto é  a composición literaria máis antiga da humanidade.
     Se reparten cartulinas tamaño cuartilla de distintos colores, divididas a lápiz en 4 partes iguales. 
-En el primer trozo escribirán un complemento circunstancial de lugar, tiempo, modo...
-En el 2º trozo, un personaje (sería el sujeto), puede ser en singular o en plural, si se trata de varios personajes. Se puede acompañar de un adjetivo.
-En el 3º, un verbo transitivo, para que admita complemento directo.
-En el 4º, el complemento directo, completándolo con otros complementos, si se quiere.





Anímate a escribir contos para despois compartilos!

domingo, 6 de marzo de 2016

Xogamos coa prensa durante esta semana

                                                Bibliocrocaio !!
Do 7 ao 11 de marzo os centros educativos galegos celebrarán a 28º edición da Semana da Prensa na Escola, unha iniciativa instituida oficialmente dentro do calendario escolar en 1989.
Grazas a esta efeméride, miles de escolares galegos poderán complementar os seus libros con exemplares de xornais convertindo a prensa nun elemento pedagóxico máis, fomentando a súa lectura e desenvolvendo así o sentido crítico. 
Redacción de "El eco del roedor"
Stilton , un periodista que engancha ao lector.
E agora unha das aventuras de outro importantísimo periodista de ficción:

mércores, 2 de marzo de 2016

8 de marzo: Educando en IGUALDADE




POEMA DE ANA MARÍA FERNÁNDEZ :
-Cincenta da fita mourada,
¿virás esta noite baila-la bailada?
-Nin teño vestido nin teño zapatos,
estou na cociña fregando nos pratos.
-Cincenta dos ollos mansiños,
 ¿virás esta noite bailar cos veciños?
-Nin teño carroza, nin teño cocheiro,
que lavo a roupiña no meu lavadeiro.
-Cincenta da cara belida
?virás ó castelo por se-la elixida?
-Nin teño colares non teño diadema
estou enfornando boliños de crema.
-Cincenta da cariña en flor,
¿virás esta noite busca-lo amor?
-Se alguén me axudase, 
qué ben me faría,
pois sinto, da festa, a feliz melodía.
-Sera-la princesa da linda bailada
que así cho concedo por ser eu a fada.
Ana María Fernández

CONTO:
Unha feliz catástrofe  de Adela Turín, pretende abrir o
 diálogo con nenos e nenas sobre a desigual 
distribución dos traballos e as responsabilidades
 da vida cotidiana entre homes e mulleres.
Desigualdade supón un obstáculo importante para 
que as mulleres poidan acceder a algunhas 
profesións.
Cres que as tarefas domésticas son cousa de 
ambos sexos?
Colaboras na casa?
Que fas ?
Como se distribúen as tarefas na túa casa?
PENSA  MENTRAS VES O VÍDEO DO CONTO E 
FAS AS ACTIVIDADES INTERACTIVAS:



 AGORA VISUALIZA ESTE DICCIONARIO DE PROFESIÓNS QUE COMPARTIMOS DA BIBLIO DO CEIP PINTOR LAXEIRO: