sábado, 23 de decembro de 2023

Guía de lectura Nadal 2023



Bo Nadal!

Concurso mini relatos Nadal

 Boas amigos e amigas!

Agora que xa estamos de vacacións e está por chegar o Nadal quérovos contar que neste mes de decembro o Equipo de Biblioteca coa axuda de Crocaio organizou un concurso de relatos curtos sobre o Nadal. 

O formato foi totalmente libre e os nenos e nenas de Educación Infantil fixeron uns debuxos preciosos. 

O xoves reuniímonos todos na entrada do cole e repartimos os premios!


- En Educación Infantil a gañadora foi SOFÍA!

- En 1º e 2º de Educación Primaria as gañadoras foron LEYRE e SARA!

- En 3º e 4º de Educación Primaria a gañadora foi ALICE!

- En 5º e 6º de Educación Primaria o gañador foi ARES!




NORABOA A TODOS E A TODAS OS GAÑADORES E GAÑADORAS!

mércores, 20 de decembro de 2023

Recomendacións lectoras decembro

Boas amigos e amigas!

Agora que xa están a rematar as clases neste mes de decembro, quérovos ensinar cales foron as nosas recomendacións lectoras. Como xa sabedes, o Nadal está por chegar polo que as lecturas estiveron relacionadas con esta temática. 




domingo, 17 de decembro de 2023

NOVIDADES NA BIBLIO


Boas amigos e amigas!

Non sei se vos fixastedes na fotografía anterior que hai algo diferente na nosa biblioteca, un novo espazo inaugurado neste novo curso 2023/2024: AS NOVIDADES DA NOSA BIBLIOTECA!




Durante este primeiro trimestre, as mestras do Equipo de Biblioteca estiveron traballando e adquiriron novas novidades para todos os gustos e todas as idades: banda deseñada, teatro, poesía, contos...

Xa vos pasastedes a velas?

venres, 15 de decembro de 2023

Familias na biblio


Boas amigos e amigas!

Hoxe os nenos e nenas de Educación Infantil tiveron a sorte de desfrutar dun contacontos por parte dunha mamá dun neno do cole. 
O conto estaba relacionado co que traballamos o pasado 3 de Decembro sobre os nosos talentos e os nosos superpoderes, xa que os protagonistas eran dous nenos que non eran capaces de ver os talentos que tiñan. 
Non vos podo dicir o título xa que é unha historia que foi escrita pola nosa mamá contacontos. 
Unha historia preciosa, por certo. 
Que sorte teiveron esos nenos e nenas...




Moitas grazas Marta!




luns, 4 de decembro de 2023

3 de decembro

 Boas amigos e amigas!

Non sei se sabedes que onte foi día 3 de decembro que é o Dia Internacional das persoas con Discapacidade. Por iso, os nenos e nenas do cole, fixemos un vídeo cambiando un pouco a perspectiva e pensamos nas cousas que si que somos capaces de facer (que son moitísimas). 

E ti, que superpoder tes?

Recomendacións lectoras novembro

 Boas amigos e amigas!

Agora que xa rematou o mes de novembro, quérovos ensinar cales foron as nosas recomendacións lectoras. Como xa sabedes, novembro é o mes da ciencia nas bibliotecas escolares de Galicia polo que as lecturas estiveron relacionadas con esta temática. 




Que vos parece este espazo?