mércores, 28 de febreiro de 2024

Recomendacións lectoras febreiro

 Boas amigos e amigas!

Agora que xa está a rematar o mes de febreiro querémosvos ensinar cales foron as nosas recomendacións lectoras en relación as conemmoracións e as datas importantes. 



martes, 27 de febreiro de 2024

Novidades febreiro

 Boas amigos e amigas!

Como xa vos contaramos, no pasado mes de decembro inauguramos un novo espazo na biblio: AS NOVIDADES. 

Agora que xa pasaron dous meses, tivemos novas incorporacións aínda que temos que confesarvos que a estantería xa está casia vacía porque aos nenos e nenas gustáronlles moito. 



Que vos parecen? Coñecíades algunha?

23 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

 Boas amigos e amigas!

O pasado venres 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro no centro. Para facelo, o alumnado decorou unhas letras cunhas flores en relieve e fixo unha nova versión do coñecido poema "Maio longo":


Por outro lado, os maiores de 5º e 6º fixeron un programa de Radio que tedes disponible no blogue de Dinamización da lingua galega:

Podcast Rosalía

Por último, cantamos todas e todos xuntos a versión orixinal de "Maio longo" co acompañamento da profe de música tocando o acordeón. 

Foi unha mañá moi divertida, pero e que ademáis, os nenos e nenas de 5º e 6º fixeron un libro para a biblioteca con toda a información que atoparon sobre Rosalía.



Encantanos!

xoves, 15 de febreiro de 2024

Entroido no Pondal

 Boas amigos e amigas!

A semana pasada cada clase encargouse de preparar os mandatos do Meco, os cales estaban relacionados coas personaxes que estabamos a traballar do proxecto da biblioteca: Galicia máxica! 

O luns inspirámonos nas driadas, o martes nos trasnos (que durmen polo día), o mércores nas cocas e nas meigas e o xoves nas mouras e maruixanas!



Ademáis, o venres día 9 de febreiro celebramos na escola o noso Entroido!

Cada clase escolleu e preparou o seu disfraz, relacionado con Galicia máxica. 

Aquí vos deixamos algunhas mostras dalguns seres máxicos como os Trasnos, as Mouras, a Coca ou as meigas.








Fixemos unhas actuacións no ximnasio e unha merenda con doces típicos galegos.

Pasámolo xenial!



xoves, 1 de febreiro de 2024

Celebración 30 de xaneiro

Boas amigos e amigas!

Como xa vos contei noutra publicación, traballamos e investigamos sobre Malala. Por iso, o pasado día 30, escoitamos un programa de radio que fixeron os nenos e nenas do cole para saber máis sobre ela. Despois, cada clase colgou unha frase que fixeron entre todos e todas sobre ela. 













Ademáis cantamos a canción "mans de cores" e bailamos todos xuntos unha danza pola paz. 

Aquí vos deixo unha pequena mostra do que vivimos. 





Intercambio pola PAZ II

Boas amigos e amigas!

Como vos contei na publicación anterior, para conmemorar o 30 de xaneiro, Día Escolar da non Violencia e da Paz, fixemos algúns intercambios con outros coles.

Os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º e 2º, fixeron un intercambio de debuxos cun Centro de Educación Especial da Provincia de Lugo, o CEE Santa María. 


Estas son algunhas mostras do que nos lles enviamos unha vez colgadas no cole de Lugo. 



Polo contrario, os nenos e nenas do CEE Santa María fixeron unha ilustración conxunta e nós tivemos que montala como se dun puzle se tratase. 

                                







Encantóunos!

Intercambio pola PAZ

 Boas amigos e amigas!

Para conmemorar o 30 de xaneiro, Día Escolar da non Violencia e da Paz, fixemos algúns intercambios con outros coles.

Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º, fixeron un intercambio de poemas co CEIP IGREXA-CANDEÁN. 




Estas son algunhas mostras dos poemas que enviamos












Estas son algunhas mostras do que recibimos.











Ademáis, fixemos un acto no patio do cole para leer algúns deles. 




Na seguinte publicación vouvos contar cal foi o outro intercambio. 

Estade moi atentos e atentas!