martes, 27 de novembro de 2018

Contamos co bosque

 Samuel e Manuel contan a primeiro e segundo toda a verdade sobre OS ANIMAIS DO BOSQUE
Baía Edicións




 O raposo fai todas as fins de semana a súa andaina en familia?
 
Para  descubrir a verdade sobre algúns dos animais que habitan os bosques.
Un libro lúdico que mestura divertidas ilustracións con magníficas fotos para aprender divertíndose.

luns, 26 de novembro de 2018

Charla sobre o monte na Biblio Crocaio

O Distrito Forestal XVIII (Vigo-Baixo Miño) ofreceunos a charla medioambiental 
“O Monte vivo”,
 co fin de impulsar unha participación activa e responsable dos escolares na protección do medio ambiente natural fronte aos incendios forestais e darlles a coñecer a importancia da función produtiva, ambiental e social do monte, fomentando así o seu respecto pola natureza.
 Dirixida ao alumnado de 5º e/ou 6º curso de educación primaria, actividade relacionada co programa do mesmo nome do Plan Proxecta para o que fomos seleccionados.

Proxecta
O monte vivo. Consellería do Medio Rural. Dirección xeral de Ordenación forestal. 
Participación dos escolares na protección do medio natural fronte aos incendios forestais.
Criterios de selección:
  1. Distribución territorial equitativa de acordo coa organización dos distritos forestais
  2. Centros educativos no medio rural.
  3. Centros educativos en Zonas de Alto Risco de incendio (ZAR)
  4. O programa priorizará proxectos que consigan o obxectivo de incrementar a concienciación da poboación fronte aos incendios.

Obxectivo xeral

O obxectivo do programa é fomentar a participación activa e responsable dos escolares na protección do medio natural fronte aos incendios forestais, permitindo que tomen conciencia dos valores dos bosques, o seu uso sostible, e a contribución á protección da biodiversidade.
O programa centrarase en incrementar a concienciación sobre os incendios forestais e a súa influencia sobre o equilibrio ecolóxico, as perdas que supón en canto a diminución da biodiversidade, da capacidade produtiva do monte, da calidade das augas, do ocio,...
A temporización abarca todo o curso escolar.

Actividades e recursos

sábado, 24 de novembro de 2018

25 Novembro

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
  • A violencia contra a muller é unha causa de morte e incapacidade entre as mulleres en idade reproductiva tan grave coma o cáncer.
  • Casi 750 millones de mulleres e nenas que viven hoxe en día  casaron antes de cumplir 18 anos, mentras que a lo menos 200 millóns delas foron sometidas a mutilación xenital.
  • En todo omundo, unha de cada tres mulleres sufriu violencia física ou sexual, principalmente por parte dun compañero sentimental.
Ilustración da páxina interactiva da ONU Mulleres titulada "Violencia contra as mulleres, feitos que todo o mundo debe coñecer"

A ONU Mulleres designou o 25 de cada mes como Día Laranxa. Esta iniciativa pretende mobilizar á sociedade, gobernos e ao Sistema da ONU para que xuntos amplíen o impacto da campaña. Anima aos participantes a poñer algo de cor laranxa para mostrar solidariedade coa campaña, esta cor simboliza un futuro mellor e un mundo libre de violencia contra mulleres e nenas.
O tema da campaña 2018 é Pinta o mundo de laranxa: #EscóitameTamén 
Tinguirán de laranxa os edificios e monumentos máis emblemáticos arredor do mundo, para lembrar a necesidade de crear un futuro sin violencia de xénero.
¡Únete á campaña!
PROPOSTAS DIDACTICAS DA ASEMBLEA DE MULLERES PARA A REALIZACIÓN NAS AULAS
Unidade didáctica con actividades variadas desde infantil ata para adultos, moi interesante!!
http://www.steg.gal/UserFiles/Files/pdfs/muller/25_novembro/20181120_unidades_didacticas_25n_2018_galego.pdf
INFANTIL:

PRIMARIA:

Catro contos para a igualdade, un deles é este:
Por que se conmemora neste día ? Consulta aquí

O único camiño para eliminar a violencia machista é un cambio social onde as mulleres teñamos os mesmos dereitos e sexamos consideradas como os homes. 
Unha sociedade onde as mulleres asuman postos de responsabilidade nas empresas. 
Unha sociedade onde non se cuestione  a valía das mulleres e onde non se nos xuzgue polo noso aspecto físico.
 Unha sociedade onde os roles sexistas desaparezan.