luns, 30 de maio de 2016

CANTOS CONTOS COÑECES E CONTAS?

Pronto faremos a avaliación do noso proxecto anual  pero aínda aprenderedes outro tanto como os alumnos de 6º que fixeron este traballo si o ledes con calma. Despois virán as preguntas...faciliñas eh?

Investigación dos alumnos de 6º sobre os escritores dos contos clásicos.

 "Empregamos o buscador Google,  fixemos selección de imaxes que gardamos en carpetas,  insertámolas despois cos programas axeitados na diapositiva, seleccionamos á información, recortamos, pegamos e modificamos según  interese e posteriormente montamos, empregando Power Point e Calameo, tamén subimos á rede empregando o correo electrónico.
Buscamos sobre:
 Os irmáns Grimm, Charles Perrault, C.Collodi, Andersen, Iriarte e Samaniego.
Colaboramos e axudámonos entre nós, aprendemos uns dos outros na aula de informática e na Bibliocrocaio. 

Presentáron o seu traballo aos alumnos de 5º ,3º e 4ºe agora tócalles presentárvolo a vós :


Carlo Collodi Oscar


Publish at Calameo



Los Hermanos Grimm 6º Alex


Publish at Calameo



Iriarte Gael


Publish at Calameo



Samaniego Xabi


Publish at Calameo



Hans Christian Andersen Vero


Publish at Calameo


venres, 27 de maio de 2016

Crocaio comunícavos que o contacontos tivo un problemiña que lle impediu chegar ao noso cole hoxe , pero virá probablemente o día 2 de xuño.
Avisaremos!
Aquí tedes outro vídeo da quedada literaria do luns pasado en Castrelos.
Neste cada lector/a aparece co seu compañeiro ou compañeira, buscádevos....
Foi moi guai!

xoves, 26 de maio de 2016

Mañá venres visíta a Bibliocrocaio o contacontos IAGO



Todos os lobos son feroces. ¿Todos? Na familia Feroz, sí. ¿Seguro? Hai que ter cuidado coas afirmacións categóricas, xa que podemos equivocarnos estrepitosamente. Eso  saberémolo gracias a este divertido libro, que tamén nos lembrará que debemos respectar a liberdade individual das personas e non obligalas a pensar ou a actuar como nós queremos.

luns, 23 de maio de 2016

Compartindo lecturas en Castrelos

Hoxe tivemos unha nova experiencia de lectura compartida.
Coa colaboración do Servicio de Normalización lingüística do Concello de Vigo, asistimos a unha quedada literaria no Parque de Castrelos.
Os cursos de 3º, 4º e 5º cada un coa súa  mochila ao lombo, saímos do cole ás 9.30 e cando chegamos a Castrelos xa había algún cole alí.
Primeiro lemos tranquilamente e despois compartimos  a nosa lectura co cole de Frián.
Contamos o conto de Carapuchiña Vermella, a cargo do contacontos Javier Guisande de cuarto curso e despois de merendar subimos ata o Museo e, alí,  nos xardíns de atrás, asistimos aos contos de Bea Campos e Davide e escoitamos unhas palabras en favor do galego pola actriz Uxía Blanco.
Unha experiencia de boa organización e traballo dos coles que participamos.
É fantástico coñecer novos amigos e amigas a través da lectura. 
Repetiremos!



mércores, 18 de maio de 2016

Letras galegas 2016: Manuel María

Hoxe celebramos as LETRAS GALEGAS, coa nosa particular homenaxe ao escritor de Outeiro de Rei: Manuel María.
"Galicia docemente
está ollando o mar,
Ten vales e montañas 
e terras para labrar..."
Saímos fóra para ollar ese mar e esas montañas galegas das que nos falan os seus poemas e recitar os seus poemas.
Galicia somos nós 
A xente e máis a fala!
Tamén fixemos o apadriñamento lector, limos contos uns a outros, esta vez todos en galego. Gústanos moito esta actividade!

    Na Biblioteca escoitamos unha pequena biografía de Manuel María e 
asistimos ao estreno dunha curta que fixo Educación Infantil, alumnado e
 profes, coa colaboración da profe de PT Ester: "Árbores no camiño
É a adaptación dunha historia publicada en forma de álbum ilustrado por OQO editora, neste caso do conto:
Este é o cartel da nosa peli , que aínda non podemos ver porque está en concurso do que aínda non se resolveu, ata entón temos que agardar para vela na rede. Moita sorte para este gran traballo!


venres, 13 de maio de 2016

Letras Galegas 2016



Autor dunha das obras máis extensas da historia da nosa literatura, Manuel María foi, sobre todo, poeta. 





Letras  de Manuel María que son fermosas cancións galegas:












domingo, 8 de maio de 2016

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

LUNS 9 DE MAIO:
VISITA A BIBLIOCROCAIO O ESCRITOR 
GUSTARÍALLE CAMBIAR O MUNDO , PERO COMO COMPROBOU QUE NON PODÍA, DECIDIU SER ESCRITOR, un pouco poeta...

De neno xogou moito, moito...pero tamén estudou e así de maior, cando coñeceu máis polo miúdo a cultura galega, fixo os libros de xogos e xoguetes que nós coñecemos e utilizamos o curso pasado no proxecto dos xogos tradicionais

Escribiu mooooitos libros para nenos e nenas e tamén para mozos. Os nenos e nenas de segundo de Primaria leron: 
Rosalía vai á escola, onde aprende a ler e a escribir. Un día acabóuselle o lapis, chegou á casa e díxolle ao pai: —Papá, tesme que mercar outro lapis. O novo lapis resultou ser moi distinto ao anterior. Que ten de especial ese lapis?
Pero tamén temos na Bibliocrocaio:
Para “Entender a maxia que se agocha nas palabras”,  xogos visuais, adiviñas, trabalinguas e máis posibilidades que a poesía pode ofrecer.

A forxa de Manuel ten unha xanela de vidros cadradiños e pequenos. Pegado a ela hai un banco ateigado de ferramentas: mazos, martelos, tenaces, alicates, parafusos, cravos… Ao outro lado da xanela o que hai son campos verdes e árbores verdes e montañas verdes...

Un verdadeiro xogo de poesía e ilustración. Sopra neste furadiño de Antón Cortizas e Leandro Lamas publicado por Edicións Embora. Troquelado para soprar, o libro tráenos rimas divertidas, breves, que convidan a  soprar polo burato. Porque... quen se resiste? Se ata podes facer voar un elefante! Fermosas ilustracións dun artista irrepetible.


Antón Cortizas recolle nestas composicións o evocador aroma dos vellos contos a través dunha forma poética, ou romance, de rica tradición popular.

Vaia tropa! é un libro de poesía do absurdo,  está pensado para ser lido de formas diversas. Hai poemas que terás que ler de esguello e noutros precisas usar un espello e así poder ler do verso o reflexo. Como non era cousa de poñer só letras alguén debuxou algunhas caretas. E como os debuxos están contrafeitos usarás o espello para velos con xeito. Trátase dun libro xogo, con sorpresas...
Para xogar coas cores....
Podedes atopar máis curiosidades sobre Antón Cortizas na páxina de documentación de escritores galegos: