O mércores 27 de marzo, realizamos a visita aos muíños do río Pugariño, en Chapela. Desde o cole e a través da Senda da Auga, senda do camiño de Santiago, fomos camiñando a observar os restos dos muíños que utilizaban os veciños de Chapela e arredores para moer o seu gran e que ao quedaren en desuso enchéronnos de lixo, foron un vertedeiro no medio do monte, porque alí ninguén os vía botar o lixo. Os veciños organizáronse para limpalos e sacaron toneladas de lixo de todo tipo, pero moito quedou prensado e introducido tan dentro da terra que non puideron con el e vai saíndo pouco a pouco coa erosión da auga do río e da chuvia, sobre todo plásticos, que moitos deles son fragmentos minúsculos que van directos aos estómagos dos peixes da nosa Ría de Vigo.
Fermoso espazo natural recuperado , intentemos que dure así moito tempo. Lembrade: nunca tiremos lixo no monte, hai puntos limpos para facelo e personas que traballan para recollelo e reciclalo.
No curso de 6º remata o "Obradoiro de Igualdade ", impartido durante toda a primaria por Elsa, a monitora especializada no tema, que vén a través da Consellería de Igualdade do Concello de Vigo.
Un excelente obradoiro teórico-práctico no que nenos e nenas reciben información moi valiosa de cara a enfrentar a vida con igualdade de xénero, intentando conseguir que homes e mulleres teñamos os mesmos dereitos e os mesmos deberes.
Moitas grazas Elsa, pola túa profesionalidade ,entusiasmo e paciencia!
Carteis realizados polo alumnado de 6º con motivo do 8 de marzo
Experiencia CSIC na Biblio Crocaio
Biólogas do CSIC -Centro Superior de investigacións científicas achegaron a Ciencia á Biblio Crocaio facendo experimentos relacionados coa natureza e coas árbores, aos que asistiron alumnado de infantil e de primaria aos que deixaron manipular como si foran pequenos científicos:
No afán por descubrirvos libros que esperten o amor pola natureza, Crocaio tráevos hoxe un moi especial: O segredo de avó oso, da editorial Kalandraka, escrito por Pedro Mañas e ilustrado por Zuzanna Celej, ofrécenos un punto de vista particular sobre a chegada da primavera.
O noso Meco GARDABOSQUES estivo moi atento a todo oque sucedía hoxe no bosque do CEIP EDUARDO PONDAL, no que lobos, raposos, mouchos, caracois, formigas, osos e demais fauna fixeron entre todas unha festa superdivertida na que os papis e mamis colaboraron cunha gran merenda final con doces típicos do entroido que houbo a fartar..., moitas grazas a todos pola colaboración e participación na festa.