xoves, 25 de novembro de 2021

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

As bibliotecas escolares son espazos privilexiados para traballar valores democráticos, de igualdade e cidadanía, espazos únicos para a aprendizaxe da convivencia.

Hoxe, 25 de novembro do 2021, celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, e no CEIP Eduardo Pondal recordamos e fixemos actividades especiais para apoiar a todas esas mulleres que, como a gran Clementina, protagonista dun conto fermosísimo, sufren cada día esta lacra. Tamén comezamos a rotar a mochila violeta entre o voluntariado de biblioteca quen ademais nesta data decorou unha das portas do corredor con frases relaionadas coa temática.

ÁNIMO! ESTAMOS CONVOSCO




mércores, 24 de novembro de 2021

Lecturas en Inglés

Este xoves 25 de novembro celébrase en Estados Unidos o "Día de Acción de Gracias" e, dende o noso cole, os peques xa están a traballar coa mestra de Inglés e co auxiliar de conversa, cousiñas desta festividade. 

Por aquí deixámosvos unha mostra dunha destas actividades cun libro moi especial: Turkey Trouble.


mércores, 17 de novembro de 2021

Novidades da Bibliocrocaio

Preme no vídeo para coñecer todas as novidades da Bibliocrocaio relacionadas con proxecto desde ano: 

Con - ciencia e ficción 


xoves, 11 de novembro de 2021

11 de novembro: Día das Librerías

 Por aquí deixamos un pequeno recordo deste día: o Día das Librerías. 

Grazas a todas elas por ter tantos contos que nos deixan a cabeza chea de paxaros


Por aquí vos deixamos unhas imaxes das actividades feitas polos nenos e nenas de 5 anos para conmemorar esta data. Falaron das librerías que coñecían e as buscaron con Google Earth, despois atooparon imaxes delas. Fixérono de marabilla!




martes, 2 de novembro de 2021

Novembro: Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

 E temos a sorte de que esta viaxe (a científica) se poida facer dende as bibliotecas, que non só acollen libros e outros materiais, senón que tamén acollen descubrimentos e camiños de aprendizaxe, cos éxitos e tamén os fracasos da ciencia e da tecnoloxía, porque cometer erros tamén é aprender. 

Amparo Alonso Betanzos



luns, 1 de novembro de 2021

Samaín no cole

Este ano no CEIP Eduardo Pondal vivimos un Samaín terrorífico como podedes comprobar no seguinte vídeo... esperamos que vos guste!