mércores, 23 de novembro de 2022

CHARLA DE SECHU LÓPEZ

 Hoxe tivemos no cole unha visita moi especial. Carmen, presidenta do club Montañeiros Celtas de Vigo presentounos a un dos seus socios máis relevantes, Sechu López, que nos deu unha charla enmarcada dentro do noso proxecto de montañas. 

Sechu fixo un recorrido pola súa vida deportiva que os peques desfrutaron un montón. Contounos como foron os seus inicios no mundo do deporte xa dende os seus anos de colexio, e relatounos algunhas das súas principais expedicións, os 8 miles máis espectaculares, coas súas anécdotas, medos, risas, compañías... Non reparou en contarnos os seus momentos altos e baixos, ao igual que nos emocionou coas súas novas ideas, os seus futuros proxectos, transmitindo tanto aos peques coma ao profesorado e súa fortaleza.

Respondeu a todas as preguntas dos nenos e as nenas e iso que foron moitas! Canto máis sabían máis cousas querían preguntar!

Grazas por aceptar a nosa invitación  e por compartir coa rapazada as vosas experiencias e vivencias !!! Foi unha charla chea de coñecementos e de valores para o noso alumnado.

Moitas grazas!

Cabuxiñas do Pondal! Se queredes acercarvos ao incrible mundo da montaña, Montañeiros Celtas, ofrece actividades para facer en familia ou para facer con outros nenos da vosa idade, desfrutando da natureza e facendo deporte. 

Aquí tendes algunhas fotos da charla!






















STORYTELLING

 Marta, a auxiliar de conversa, na sesión de contacontos en inglés na celebración do Thanksgiving. 




MOMENTOS DE BIBLIOTECA NOS RECREOS.

 


















martes, 22 de novembro de 2022

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

"A casa enmeigada" é un clásico que vén editado en galego pola editorial patasdepeixe con moitos pop ups. 





Xa chegaron á Bibliocrocaio o tomo 2 e o tomo 3 do manga "Yotsuba".





Grazas á doazón dunha familia temos un novo número de Isadora Moon que xa ten lista de espera. Grazas Alice!





E xa temos pola biblioteca os tomos 3 e 4 de Astro - ratón e Bombillita, unha colección de cómics que está sendo un éxito. A verdade é que son xeniais!