Ola a tod@s.
O 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o Acoso Escolar.
No colexio organizamos lecturas compartidas nas horas de ler partindo dun libro que fixo a biblioteca municipal de Porriño.
"Contos que curan" #2 acoso escolar, é un proxecto de biblioterapia infantil da biblioteca de Porriño que chegou ao noso colexio en forma de libro. Nel recóllense moitos libros da biblioteca para traballar este día, o que fixemos nós é facer unha selección deles e que tiñamos tamén na nosa Bibliocrocaio, e repartilos por ciclos ou niveis.
Adaptados á idade dos distintos niveis, e durante as horas de ler, fixeron lecturas compartidas e falaron despois do libro reflexionando sobre el.
En infantil leron as titoras ao seu alumnado.








.jpeg)
