Amosando publicacións coa etiqueta Iria Misa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Iria Misa. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de marzo de 2026

Visita da escritora Iria Misa

O mércores, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, tivo a sorte de recibir na nosa biblioteca á escritora Iria Misa. 

Falou de como comezou a escribir as súas novelas, que lle motivou a facelo e contestou dúbidas e preguntas do nenos e nenas.

O alumnado de 4º de primaria leran na súa aula o libro "Unha veciña de película" e o de 5º e 6º de primaria "A cidade do átomo", que espertaron a súa curiosidade por acontecementos e películas que forman parte da historia.  Ao rematar asinoulles os libros que trouxeron á biblioteca.

Moitas grazas Iria por agasallarnos coa túa visita!