Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Comeza a viaxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Comeza a viaxe. Amosar todas as publicacións

martes, 9 de xuño de 2026

Receitas galegas das nosas familias.

Dentro do PDI da nosa Bibliocrocaio, en infantil como xa sabedes, están a traballar Galicia. 

As familias colaboraron esta vez axudando a buscar algunha receita galega e escribir cos seus fillos/as os ingredientes e a elaboración. 

Gran traballo nen@s e familias!!





venres, 5 de xuño de 2026

Manualidade en infantil. Polbo galego.

En infantil, dentro do PDI da Bibliocrocaio "Comeza a viaxe", estivemos a traballar Galicia. 

Esta semana despois de investigar sobre o polba galego fixemos un  entre todo o alumnado de infantil.

Así de simpático quedou:







sábado, 18 de abril de 2026

1º e 2º de primaria reciben unha carta moi especial

O alumnado de 1º e 2º de primaria escribiu unha carta a un colexio de Madrid, dentro do PDI da nosa biblioteca "Comeza a viaxe", traballando a comunidade de Madrid.

Con moita ilusión a finais de marzo recibiron resposta, cunha carta preciosa que leron en clase acompañada de fotos.








xoves, 16 de abril de 2026

"Comeza a viaxe" Creando en primaria.

Queremos compartir con tod@s vós, algunhas das creacións plásticas que fixeron este ano en primaria, relacionadas co proxecto da biblioteca deste curso "Comeza a viaxe"

En 1º e 2º fixeron carteis relacionados con elementos, monumentos, museos...da comunidade autónoma de Madrid.







En 3º de primaria pintaron monumentos da comunidade autónoma de Andalucía.








O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria traballaron o pintor catalán Miró.







venres, 6 de marzo de 2026

Comeza a viaxe. 3º de primaria: Día de Andalucía. Infantil receita galega: filloas

O día 28 de febreiro celébrase o Día de Andalucía. O alumnado de 3º de primaria traballando o PDI da Bibliocrocario "Comeza a viaxe", escollera a comunidade de Andalucía e celebrou o día con actividades de plástica, escritura e cociña, facendo debuxos e escribindo receitas.














En infantil, dentro tamén do PDI, traballando Galicia, elaboraron no seu obradoiro de cociña a finais de febreiro filloas.