martes, 25 de maio de 2010

Poemas do mes de maio. Homenaxe a Uxío Novoneyra

Disfrutade dos poemas do mes de maio, de Uxío Novoneyra.










Canta o cuco cala e canta



dos castiñeiros ó val.



Pasa o tempo e non di nada


e volta o cuco a cantar.





FIANDEIRIÑA delgada


sempre metida a fiar


sempre a fiar e soñar


para logo non ser nada



Para logo non ser nada


eso inda está por ver


Pois cas frebas do liño


Ó torcelas de camiño


algo se ha de prender.



Algo se ha de prender


i abofé tiñas razón


que eu estábache mirando


sin pensar que encanto e non


íame namorando








GALICIA digo eu ún di GALICIA

GALICIA decimos todos GALICIA

hastra os que calan din GALICIA

e saben sabemos

GALICIA da door chora á forza

GALICIA da tristura triste á forza

GALICIA do silencio calada á forza

GALICIA da fame emigrante á forza

GALICIA vendada cega á forza

GALICIA tapeada xorda á forza

GALICIA atrelada queda á forza

libre pra servir libre pra servir

libre para non ser libre para non ser

libre para morrer libre para morrer

libre para fuxir libre para fuxir

GALICIA labrega GALICIA nosa

GALICIA mariñeira GALICIA nosa

GALICIA obreira GALICIA nosa

GALICIA irmandiña

GALICIA viva inda

recóllote da TERRA estás mui fonda

recóllote do PUEBLO estás n' il toda

recóllote da HISTORIA estás borrosa.

recóllote i érgote no verbo enteiro

no verbo verdadeiro que fala o pueblo

recóllote pros novos que vein con forza

pros que inda non marcou a malla d' argola

pros que sabe que o home pode ser outra couda

sabemos que ti podes ser outra cousa

sabemos que o home pode ser outra cousa.



mércores, 19 de maio de 2010

Celebración LETRAS GALEGAS





Ademáis da Exposición Etnográfica que realizamos grazas a colaboración de moitas familias e que poderán ver ata finais de maio, realizamos diversas actividades conxuntas o día 14 de maio.


As actividades nas distintas aulas enriquecéronse coa lectura dos murais sobre a figura e obra do poeta do Courel



En primeiro lugar vimos a presentación sobre Uxío Novoneyra que realizou a nosa compañeira María.

A continuación presentamos a recreación do libro de Uxío Novoneyra : Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín, elaborado por tódolos cursos do centro, dende educación infantil ata sexto de educación primaria.








Seguidamente os alumnos de 1º e 2º de educación primaria cantaron "Os animais de dous en dous" do grupo Luar na Lubre.

Posteriormente os alumnos de 5º e 6º de educación primaria interpretaron coa frauta doce "Danza das Patelas" e "Teño un amor en Rianxo".
Anxo, un alumno de sexto explicou as diferencias esenciais entre a frauta dóce e o punteiro da gaita, interpretando a continuación: "A saia de Carolina", " A Rianxeira" e o "Antigo Himno de Galicia".
Para concluir o acto na biblioteca cantando o HIMNO GALEGO.








Para concluir as actividades deste día tan sinalado, comezou A BÚSQUEDA DO TESOURO por grupos, un alumno/a de cada curso, dende primeiro a sexto de educación primaria formaban un equipo.



Cada grupo recibiu un documento coas preguntas que debían contestar, tendo que buscar a información polos distintos lugares do colexio, carteis, folios plastificados que están distribuídos polo patio, ...) As preguntas tiñan que contestarse no documento que se lles entregou, e debían participar todos os membros do grupo.














O grupo gañador foi o que tivo as respostas correctas . Os integrantes dese grupo recibiron un agasallo especial e todos os participantes tiveron un diploma de participación. O equipo gañador foi o equipo nº 2.


Os alumnos de educación infantil realizaban outras actividades sobre a figura de Uxío Novoneyra.

Ademáis levaron tamén unha pequena reseña da figura e obra de Uxío Novoneyra e un marcapáxinas, coa figura do poeta do Courel e a imaxe de varios instrumentos galegos.



xoves, 13 de maio de 2010

Actividades para disfrutar coa figura de Uxío Novoneyra como protagonista

Para coñece-lo nada mellor que a súa páxina, onde poderás observar fotografías, vídeos, poemas, ...

Un interesante traballo para realizado por Rosa González do CEIP o Pombal, para educación infantil e primeiro ciclo e outro para o segundo e terceiro ciclo, vos farán disfrutar, clicando aquí.

Outra páxina que é unha referencia indiscutible con motivo das letras galegas é a do seminario galán, con múltiples actividades.

Galicia, unha realidade cultural e artística

Os nosos símbolos identifícanos: a nosa terra, a lingua, o escudo, a bandeira, o himno, o folckore, ...



A nosa terra



O noso escudo
Dende o ano 1833 a rexión de Galicia ten catro provincias: Coruña, Lugo, Ourense y Pontevedra.
Pero antes non era así. Históricamente Galicia tiña 7 provincias: Betanzos, Coruña, Lugo, Mondoñedo, Santiago, Orense e Tuy. Por eso o escudo de Galicia ten 7 cruces.


A Bandeira Galega



O Himno Galego, con música de Pascual Veiga e letra de Eduardo Pondal.

HIMNO GALEGO
¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.


O FOLCLORE é o conxunto de tradicións musicais, artísticas, culturais e costumes dun pobo: as lendas, os ditos populares, a música, os instrumentos, a danza, edificacións típicas : hórreos, ...

O folclore galego, en canto a tradición musical, ten un rico patrimonio de cancións e danzas populares que se recolleron nos nosos pobos durante moitos anos, e aínda se seguen a recoller, e polos que podemos coñecer as características dos pobos, os costumes e tamén o seu xeito de ser ou de pensar ante distintas situacións da vida.

Os cantos populares foron pasando duns a outros e fóronse mellorando co paso do tempo, así que non teñen un só autor, senón moitos, e xorden, por exemplo, dos traballos do campo ou dos labores das mulleres para facer máis levadeiras as actividades cotiás ou, pola contra, das festas nas que se reunía todo o pobo para divertirse e festexar.

Para acompañar os cantos e danzas utilizábanse diversos instrumentos, uns máis coñecidos, como a gaita ou a pandeireta, e outros menos como a zanfona, pero co mesmo valor tradicional.

Dentro dos grupos de instrumentos de percusión da tradición musical de Galicia, distinguimos dous grupos: o grupo constituído por instrumentos coma o bombo, a tamboril, a pandeireta ou o pandeiro, fabricados empregando materiais naturais como madeira, pel de cabra, coiro ou corda de cánabo, denominados membranófonos; e os instrumento denominados idiófonos, como as castañolas ou as culleres, que están feitas pola man do home con distintos materiais como madeira, lousa, metal ou ósos, ou ben son de orixe natural como as cunchas.

O instrumento de percusión máis popular é a pandeireta, que deu pé a que se formaran os grupos de pandeireteiras que animaron, ao longo da historia, as festas e bailes das vilas galegas, principalmente as MUIÑEIRAS, que recibiron este nome porque bailábanse arredor do muíño.

Para que a nosa música e cultura tradicional non se esquezan, existen bandas de gaitas, grupos de pandeireteiras , de bailes e danzas, entre outras agrupacións de música tradicional, que se encargan de manter e transmitir ás novas xeracións o patrimonio artístico galego, utilizando e respectando a forma de expresarse do pobo.

Un claro exemplo está na nosa vila na celebración en xuño do día da Muiñeira, onde sae todo o pobo co traxe rexional galego a bailar a danza máis emblemática da nosa terra.

Outro exemplo e o das exposicións sobre distintos temas galegos: o traxe, a súa tradición, ...

Unha exposición variada e curiosa, sobre trajes regionales gallegos, foi a recollida nun gif , no blog minitas.blogspot.es de trajes regionales gallegos. Se clicades en traxes rexionais galegos, poderedes disfrutar dela.


luns, 10 de maio de 2010

Os poemas de Novoneyra

Eliximos unha serie de vídeos para disfrutar dos poemas de Uxío Novoneyra, e sendo él o protagonista en todos eles.











Agora podedes disfrutas con estes tres poemas cantados do poeta

Uxío Novoneyra en pedra



O gran poeta Uxío Novoneyra tiene un túmulo honorífico da Asociación de Escritores de Lingua Galega cerca de Parada, o seu pobo.

Novoneyra é un excelente poeta, que pinta, con fermosas palabras, a paisaxe, as persoas e os costumes do Courel.

É o "Gran Dicidor" dos valores do Courel.




Escultura de Uxío Novoneyra na Praza Maior de Lugo.

Calendario de Uxío Novoneyra

Cuns paisaxes preciosos e con poemas en cada un deles, esperamos que disfrutedes tanto deste calendario coma nós.
Para acceder a el clicade en calendario

UXÍO NOVONEYRA



Uxío Novoneyra retratado por Pedro Martínez Tavera.


(Parada, Courel 1.930 – Santiago 1.999)


O próximo 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, que este ano se dedica a Uxío Novoneyra, o poeta identificado coa terra na que naceu, o Courel.
BIOGRAFÍA

Uxío Novoneyra naceu o 19 de xaneiro do 1.930 na aldea de Parada, preto da devesa da Rogueira, no Folgoso do Courel, provincia de Lugo. A súa nai era fidalga e o seu pai un labrego podente.

Novoneyra estudou o bacharelato en Lugo, onde coñeceu a Manuel María, e a intelectuais da xeración anterior, como Luis Pimentel, Ánxel Fole, Ramón Piñeiro,...

Aos 19 anos vai a Madrid, e asiste como ouvinte á Facultade de Letras. Volveu a Galicia para facer o servizo militar, sendo destinado en Santiago. Alí coñece a Carlos Maside e Otero Pedrayo, que infruirán na súa formación e producción literaria.

En 1.962, en Madrid, traballou en programas de radio e televión como comentador e recitador de poesía galega, española ou universal. Nesta época nace o libro Elegías del Laurel y otros poemas (1.966), en edición bilingüe. Frecuenta o emblemático CAFÉ GIJÓN e colabora co grupo “Brais Pinto”.


En 1.966 volveu ao Courel, para atender os pais, xa vellos e enfermos. Coñeceu a Elba Rei, coa que casou en 1.973. Tiveron tres fillos: Branca-Petra, Uxío e Arturo. En 1.982 Novoneyra foi elexido Presidente da Asociación de escritores en lingua galega, cargo que ostentaría ata a súa morte.

Esta responsabilidade fai que se traslade a Santiago. Nesta etapa aumenta a súa actividade pública, especialmente recitais, por centros culturais e de ensino de toda Galicia. É célebre pola súa mestría ao declamar e o seu compromiso coa lingua.

Uxío Novoneyra morre, aos 69 anos, en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1.999, sendo enterrado en Lugo, no cemiterio municipal de San Froilán.


OBRA

Uxío Novoneyra comeza a escribir poesía mo novo. Os seus primeiros poemas datan da súa etapa en Lugo como estudante de bacharelato, aínda que foi en Madrid cando se dedicou seriamente á lírica. A sú obra abrangue obra en lingua galega e castelá.

A paisaxe do Courel é unha constante na súa obra, así como o seu compromiso social e político co nacionalismo galego e coa ideoloxía marxista. A súa obra pretende concienciar para modificar unhas estructuras sociais que ocnsidera inxustas.

Algún dos seus poemas máis célebres foron publicados en revistas moito antes de seren recollidos en libros: por exemplo o Vietnan canto e a Letanía de Galizia.

Portadas dalgúns dos seus libros máis relevantes.



Os Eidos (1.955)


Poemas caligráficos (1.979)

Do Courel a Compostela (1.988)

Poemas da doada certeza (1,994)



Novoneyra publicou tamén tres libros narrativos para nenos: O cubil de Xabarín, Gorgorín e Cabezón e Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín, protagonizados por rapazas e rapaces, ambientados na xeografía do Courel e cunha rica linguaxe poética.


sábado, 8 de maio de 2010

Poema da semana 3-7 de maio



Letras galegas 2010:
Uxío Novoneyra, poeta.


Poema da semana:




CANTA o cuco cala e canta

dos castiñeiros ó val.

Pasa o tempo e non di nada

e volta o cuco a cantar.


Uxío Novoneyra.







luns, 3 de maio de 2010

POEMA DE MIGUEL HERNÁNDEZ CON LA VOZ DE LOS ALUMNOS/AS


Gracias a la colaboración de María, que grabó a los alumnos y alumnas de las distintas clases, podemos todos disfrutar del poema MIGUEL HERNÁNDEZ PARA NIÑOS, con música de Chopin. ¡Que lo disfruten!



















Las distintas estrofas fueron plasmadas pictóricamente también por ellos. Os la presentamos a continuación.