xoves, 13 de maio de 2010

Galicia, unha realidade cultural e artística

Os nosos símbolos identifícanos: a nosa terra, a lingua, o escudo, a bandeira, o himno, o folckore, ...



A nosa terra



O noso escudo
Dende o ano 1833 a rexión de Galicia ten catro provincias: Coruña, Lugo, Ourense y Pontevedra.
Pero antes non era así. Históricamente Galicia tiña 7 provincias: Betanzos, Coruña, Lugo, Mondoñedo, Santiago, Orense e Tuy. Por eso o escudo de Galicia ten 7 cruces.


A Bandeira Galega



O Himno Galego, con música de Pascual Veiga e letra de Eduardo Pondal.

HIMNO GALEGO
¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.


O FOLCLORE é o conxunto de tradicións musicais, artísticas, culturais e costumes dun pobo: as lendas, os ditos populares, a música, os instrumentos, a danza, edificacións típicas : hórreos, ...

O folclore galego, en canto a tradición musical, ten un rico patrimonio de cancións e danzas populares que se recolleron nos nosos pobos durante moitos anos, e aínda se seguen a recoller, e polos que podemos coñecer as características dos pobos, os costumes e tamén o seu xeito de ser ou de pensar ante distintas situacións da vida.

Os cantos populares foron pasando duns a outros e fóronse mellorando co paso do tempo, así que non teñen un só autor, senón moitos, e xorden, por exemplo, dos traballos do campo ou dos labores das mulleres para facer máis levadeiras as actividades cotiás ou, pola contra, das festas nas que se reunía todo o pobo para divertirse e festexar.

Para acompañar os cantos e danzas utilizábanse diversos instrumentos, uns máis coñecidos, como a gaita ou a pandeireta, e outros menos como a zanfona, pero co mesmo valor tradicional.

Dentro dos grupos de instrumentos de percusión da tradición musical de Galicia, distinguimos dous grupos: o grupo constituído por instrumentos coma o bombo, a tamboril, a pandeireta ou o pandeiro, fabricados empregando materiais naturais como madeira, pel de cabra, coiro ou corda de cánabo, denominados membranófonos; e os instrumento denominados idiófonos, como as castañolas ou as culleres, que están feitas pola man do home con distintos materiais como madeira, lousa, metal ou ósos, ou ben son de orixe natural como as cunchas.

O instrumento de percusión máis popular é a pandeireta, que deu pé a que se formaran os grupos de pandeireteiras que animaron, ao longo da historia, as festas e bailes das vilas galegas, principalmente as MUIÑEIRAS, que recibiron este nome porque bailábanse arredor do muíño.

Para que a nosa música e cultura tradicional non se esquezan, existen bandas de gaitas, grupos de pandeireteiras , de bailes e danzas, entre outras agrupacións de música tradicional, que se encargan de manter e transmitir ás novas xeracións o patrimonio artístico galego, utilizando e respectando a forma de expresarse do pobo.

Un claro exemplo está na nosa vila na celebración en xuño do día da Muiñeira, onde sae todo o pobo co traxe rexional galego a bailar a danza máis emblemática da nosa terra.

Outro exemplo e o das exposicións sobre distintos temas galegos: o traxe, a súa tradición, ...

Unha exposición variada e curiosa, sobre trajes regionales gallegos, foi a recollida nun gif , no blog minitas.blogspot.es de trajes regionales gallegos. Se clicades en traxes rexionais galegos, poderedes disfrutar dela.


Ningún comentario: