![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgR6kM_7fqxKUY5xCfTcjAik_Is8hOx8_QvUw3D-7Mj1hXxH9N815ULQMHq0Ln6gsH9nqMiW91vw05jwBZVx3NGypwbtg2XkWOiyeeF7_W24zeMbSQNiUKgpTaaDnoE1wvJOU78JE3qgCA/s320/abuelo+leyendo+a+ni%C3%B1a.jpg)
ESCOITAR CONTOS
UN DEREITO DA INFANCIA
Declaración universal do dereito a escoitar contos
Artigo 1: As nenas e os nenos, sen distinción de etnia, idioma ou relixión, teñen dereito a escoitar os máis fermosos contos da tradición oral dos pobos, especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.
Artigo 2: Os nenos e as nenas teñen pleno dereito a pedir aos seus pais que lles conten contos.
Artigo 3: As nenas e os nenos que por calquera razón non teñan nas súas casas a ninguén que lles conte contos, teñen absoluto dereito a pedir á persoa maior da súa preferencia que llos/llelos conte, sempre e cando esa persoa maior demostre que o sabe facer con amor e tenrura que é como se contan os contos.
Artigo 4: Os nenos e as nenas teñen dereito a escoitar contos sentados nos xeonllos dos seus avós e avoas.
Artigo 5: As nenas e os nenos teñen dereito a que nas súas escolas lles conten contos para poder gozar cos iguais deixando voar a fantasía.
Artigo 6: Os nenos e as nenas teñen dereito a coñecer a Andersen, Beer, Lionni, Machado, Lorca, M. Hernández.... e moitos máis.
Artigo 7: As nenas e os nenos teñen pleno dereito a coñecer as fábulas mitos e lendas do seu país e do resto dos países do mundo.
Artigo 8: Os nenos e as nenas teñen dereito a inventar e contar os seus propios contos, así como a modificar os xa existentes creando a súa propia versión.
Artigo 9: As nenas e os nenos teñen dereito a esixir contos novos. As persoas maiores están obrigadas a nutrirse permanentemente de novos e imaxinativos relatos, propios ou non, con ou sen reis, fadas príncipes e princesas, longos ou cortos....O único obrigatorio é que sexan fermosos e cativadores; e, para tal mester, están no libre dereito de facer uso das Bibliotecas Públicas, tesoureiras de contos onde as haxa.
Artigo 10: Os nenos e as nenas teñen dereito a pedir outro conto e a demandar que se lles conte o mesmo conto todas as veces que o seu anhelo o necesite, sen que o demandado faga agravio a tan eloxioso empeño.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEij-lA1mBHlNZqX2_XgXbljbf1v-Tj-RY1iaRad-SwIwpf1S6X0G99El2HJUcUbqjrJft7UXqjsLvFiywVTtHWIWxra9uYb_znIU7qPPIwH6fMSzGPzXRjzT15rIjAfuqNPReHDl0fjKoo/s320/Pinocho.jpg)
ARTIGO FINAL: Todos os nenos e todas as nenas teñen dereito a crecer coa compañía de bruxas, de fadas, de duendes, de piratas, de reis e princesas, de xigantes e dragóns, de ogros, de homes do saco, de zapatos máxicos e castelos encantados...E do inmortal " Había unha vez. ". frase máxica e preciosa que abre as portas da imaxinación no sendeiro cara aos máis fermosos sonos da infancia.
Así que, maiores e pequenos: Aplíquense a lección:
e conten uns, escoiten outros,
e gocen todos da experiencia.![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjeDgDaq0NrVaVk0M85PackgJ8CfbT1H9L0B177-5GaVuyjD5EmCvVqomtwxgVsFRVsEDHFEToEc0vWky4faOmK5a0a6K1PYg4lnmRJFxWvhLTWsaIprRdBR2IShDiEFz1TmwZGH_EdBTk/s320/Mam%C3%A1+leyendo+a+ni%C3%B1os.jpg)
Declaración universal do dereito a escoitar contos
Artigo 1: As nenas e os nenos, sen distinción de etnia, idioma ou relixión, teñen dereito a escoitar os máis fermosos contos da tradición oral dos pobos, especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.
Artigo 2: Os nenos e as nenas teñen pleno dereito a pedir aos seus pais que lles conten contos.
Artigo 3: As nenas e os nenos que por calquera razón non teñan nas súas casas a ninguén que lles conte contos, teñen absoluto dereito a pedir á persoa maior da súa preferencia que llos/llelos conte, sempre e cando esa persoa maior demostre que o sabe facer con amor e tenrura que é como se contan os contos.
Artigo 4: Os nenos e as nenas teñen dereito a escoitar contos sentados nos xeonllos dos seus avós e avoas.
Artigo 5: As nenas e os nenos teñen dereito a que nas súas escolas lles conten contos para poder gozar cos iguais deixando voar a fantasía.
Artigo 6: Os nenos e as nenas teñen dereito a coñecer a Andersen, Beer, Lionni, Machado, Lorca, M. Hernández.... e moitos máis.
Artigo 7: As nenas e os nenos teñen pleno dereito a coñecer as fábulas mitos e lendas do seu país e do resto dos países do mundo.
Artigo 8: Os nenos e as nenas teñen dereito a inventar e contar os seus propios contos, así como a modificar os xa existentes creando a súa propia versión.
Artigo 9: As nenas e os nenos teñen dereito a esixir contos novos. As persoas maiores están obrigadas a nutrirse permanentemente de novos e imaxinativos relatos, propios ou non, con ou sen reis, fadas príncipes e princesas, longos ou cortos....O único obrigatorio é que sexan fermosos e cativadores; e, para tal mester, están no libre dereito de facer uso das Bibliotecas Públicas, tesoureiras de contos onde as haxa.
Artigo 10: Os nenos e as nenas teñen dereito a pedir outro conto e a demandar que se lles conte o mesmo conto todas as veces que o seu anhelo o necesite, sen que o demandado faga agravio a tan eloxioso empeño.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEij-lA1mBHlNZqX2_XgXbljbf1v-Tj-RY1iaRad-SwIwpf1S6X0G99El2HJUcUbqjrJft7UXqjsLvFiywVTtHWIWxra9uYb_znIU7qPPIwH6fMSzGPzXRjzT15rIjAfuqNPReHDl0fjKoo/s320/Pinocho.jpg)
ARTIGO FINAL: Todos os nenos e todas as nenas teñen dereito a crecer coa compañía de bruxas, de fadas, de duendes, de piratas, de reis e princesas, de xigantes e dragóns, de ogros, de homes do saco, de zapatos máxicos e castelos encantados...E do inmortal " Había unha vez. ". frase máxica e preciosa que abre as portas da imaxinación no sendeiro cara aos máis fermosos sonos da infancia.
Así que, maiores e pequenos: Aplíquense a lección:
e conten uns, escoiten outros,
e gocen todos da experiencia.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjeDgDaq0NrVaVk0M85PackgJ8CfbT1H9L0B177-5GaVuyjD5EmCvVqomtwxgVsFRVsEDHFEToEc0vWky4faOmK5a0a6K1PYg4lnmRJFxWvhLTWsaIprRdBR2IShDiEFz1TmwZGH_EdBTk/s320/Mam%C3%A1+leyendo+a+ni%C3%B1os.jpg)