mércores, 31 de xaneiro de 2024

Recomendación lectoras xaneiro

 Boas amigos e amigas!

Agora que xa está a rematar o mes de xaneiro quérovos ensinar cales foron as nosas recomendacións lectoras. Ademáis, decidimos incluir un carteliño con algunhas datas importantes do mes. 



Aproveitando que o 24 de xaneiro foi o Día da Educación e o 30 de Xaneiro o Dia Escolar da Non Violencia e da Paz, decidimos traballar sobre Malala. Para iso, puxemos tamén por esa zona algúns libros que falaban sobre ela.


Non sei se o sabiades pero recibiu o Premio Nobel da Paz fai 10 anos, no ano 2014!


Robótica

Boas amigos e amigas!

Este mes de xaneiro os nenos e nenas do Eduardo Pondal estivemos a traballar cos robots da biblioteca. 

Os maiores do cole foron a darlle unha sorpresa aos máis pequeniños e parece que lles gustou.



Que vos parece?

venres, 19 de xaneiro de 2024

Cartas de Crocaio

Boas amigos e amigas!
Temos outra novidade relacionada coa biblioteca e co proxecto Galicia máxica que aínda nos vos contaramos. 

Como xa sabedes, a nosa mascota da biblioteca chámase Crocaio e é un crocodilo. Este ano decidiuse a enviar cartas ás aulas así que para iso o equipo de biblioteca repartiunos no primeiro trimestre unhas caixas que cada clase decorou como máis lle apetecía.













Crocaio leva dende outubro deixando cartas para informarnos dalgunhas cousas como as novidades da biblio pero temén para pedirnos outras cousas, como por exemplo que escribamos un poema o fagamos un debuxo para facer un intercambio con outros centros polo Día Escolar de la no Violencia y de la Paz.








Encántanos recibir cartas de Crocaio!