sábado, 26 de febreiro de 2022

Entroido 2022

Seguindo o proxecto deste curso Con-ciencia e ficción centrado no universo, o alumnado do noso colexio comezou a semana de entroido cumplindo as ordes do Meco relacionadas co tema e o venres tivemos a festa de Entroido chea de constelacións, extraterrestres, persoaxes de Star Wars, E.T....

Tamén vimos libros da biblioteca relacionados co entroido en Galicia.

Deixámosvos o vídeo do colexio, coordinado dende Normalización Linguística, cun resumo deste día.







mércores, 23 de febreiro de 2022

Día de Rosalía de Castro

É feliz o que soñando, morre.

Desgraciado o que morra sen soñar.

Rosalía de Castro 

Hoxe, 23 de febreiro, comemoramos no CEIP Eduardo Pondal o Día de Rosalía de Castro; o EDLG propúxonos elaborar entre todos e todas este mural co retrato da tan querida escritora. Adornamos a entrada do noso centro con libros que contan a súa vida e obra, plantas que nos recordan a ela e poemas que lle dan vida. 

Esperamos que vos guste!


O voluntariado da Bibliocrocaio de 6º de primaria elaborou un libro coa biografía e poemas de Rosalía de Castro, que compartiu co resto do colexio.




domingo, 20 de febreiro de 2022

Radio na Biblio co voluntariado de 5º e 6º de primaria

 Este ano tivemos a sorte de ser seleccionados para participar no programa Radio na Biblio; para poder coñecer un pouco o manexo da radio fixemos un obradoiro a cargo de Ponte nas Ondas no que participou o voluntariado de biblioteca de 5º e 6º de primaria. Aprendimos unha morea de cousas e disfrutamos moitísimo. 




domingo, 13 de febreiro de 2022

13 de febreiro, Día Mundial da Radio

 Hoxe 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio por iso deixámosvos por aquí a seguinte nova:

O NOSO CENTRO POR FIN FORMA PARTE DO PROGRAMA RADIO NA BIBLIO!

Pois sí, estamos a traballar moi duro para poder crear os nosos propios posts e compartilos con todos vós.

tic, tac, tic, tac...

sábado, 12 de febreiro de 2022

GRAZAS, MICAH!

 O noso auxiliar de conversa rematou a súa andaina no CEIP Eduardo Pondal e ímolo botar moito de menos. Axudounos a coñecer moitas palabras novas en Inglés, ensinounos algunhas das súas tradicións e compartiu con todos nós momentos moi interesantes. Por aquí compartimos algunhas das actividades que fixemos con el. 






venres, 11 de febreiro de 2022

Día da Paz 2022

 O pasado venres 28 de xaneiro celebramos no noso centro o Día Internacional da Paz. Para conmemorar este día, e dende a acción dinamizadora da biblioteca, elaboramos entre todos os nenos e nenas do CEIP Eduardo Pondal un conto que leva por título: Malentendido en A-Marte. 

Compartímolo con todos vós, coidamos que vos guste!