mércores, 23 de febreiro de 2022

Día de Rosalía de Castro

É feliz o que soñando, morre.

Desgraciado o que morra sen soñar.

Rosalía de Castro 

Hoxe, 23 de febreiro, comemoramos no CEIP Eduardo Pondal o Día de Rosalía de Castro; o EDLG propúxonos elaborar entre todos e todas este mural co retrato da tan querida escritora. Adornamos a entrada do noso centro con libros que contan a súa vida e obra, plantas que nos recordan a ela e poemas que lle dan vida. 

Esperamos que vos guste!


O voluntariado da Bibliocrocaio de 6º de primaria elaborou un libro coa biografía e poemas de Rosalía de Castro, que compartiu co resto do colexio.




Ningún comentario:

Apadriñamento lector

 "Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro" O pasado venres día 20 de maio fixemos unha xornada de apadriñamento lector ...