Un mar de contos














As mariscadoras de Luís Seoane
 


URBANO LUGRIS O pintor do mar


























Consellería do mar:


































Canción pra ir ao mar de pesca


Bernardino Graña
En Profecía do mar (1966) CANCIÓN PRA IR AO MAR DE PESCA
Pra que anden gordos todos os nenos
e polo Agosto haxa máis festas,
imos buscare xunto das illas
unha corvina,
unha faneca,
un abadexo,
unha morea.
Pra que en Galicia cheiren as fábricas
de salazón e mais de conserva,
imos ao mar con harpón ou liña
a pescar rincha,
congros e alcriques,
moita pescada,
unha balea.
Pra que as mulleres berren na praza
e haxa ruído polas tabernas,
traerei con nasa, rede ou fisga
luras e polbos,
muxos e nécoras,
meros e sargos,
sollas e vieiras.
Hei de pescare con xeito ou baca,
con bou ou cunha pobre gamela
unha centola,
xouba e sardiña,
un rodaballo,
unha doncela.
Imos ao axexo, imos ao escuro,
cando a ardentía ou a lúa chea,
e aseñaremos por estas rías
o lombrigante,
bonito duro,
moitos xurelos,
a palometa,
un ollomol,
unha zapata,
un peixe-sapo,
un fura-areas,
a robaliza,
a maragota,
o pinto, a raia
e toda a pesca.







LUGRIS:

Peteiro:
Luis seoane : mariscadoras


ticsBN: VIDEOCLIP "MARIA MANUELA": No Taller TIC desta semana reproducimos, na Pizarra Dixital, o cadro "AS MARISCADORAS" de Luis Seoane, empregando a técnica STOPMO...


























https://www.xerais.gal/catalogos/proyectos_lectura/XG00300401_9999966234.pdf

Ningún comentario:

11 DE XANEIRO: Día dos usuarios e usuarias das bibliotecas

Con motivo do Día dos usuarios e usuarias das bibliotecas, convidamos as lectoras e lectoras do CEIP Eduardo Pondal a viaxar pola Bibliocroc...