xoves, 27 de outubro de 2022

Samaín

 Unha pequena mostra dos títulos que temos na Bibliocracaio para desfrutar da lectura neste Samaín. E temos moitos máis!  Vinde desfrutar destas historias cabuxiñas !




mércores, 26 de outubro de 2022

Día das bibliotecas. 24 de outubro.

 Para celebrar o Día das Bibliotecas, propuxemos ao alumnado algúns xogos coa lingua. Adiviñas, rimas, pareados e cantarolas. Retos en equipo para desfrutar da lectura e desfrutar da nosa biblioteca. 













NOVIDADES NA BIBLIOTECA

 A colección "Brujas" de Tea Stilton.






Para o noso estante de biografías engadimos "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 2". 






E por último, para os lectores máis esixentes do cole, "A cidade do átomo" de Iria Misa. Menudo final que ten a historia!




martes, 25 de outubro de 2022

Teatro de títeres

O alumnado de 4º segue coa súa xira de títeres aos nenos/as de Infantil de 5 anos! Se o outro día representaron "Os bonobos", esta semana foi o turno de "O poliño da abeleira" e de " Hai un tigre no xardín". 
Xenial rapaces!!!





 

Lema das Bibliotecas Escolares de Galicia 2022.

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022/2023. 

O lema elixido, ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.

 
A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2022-2023 é obra da calígrafa, deseñadora gráfica e mestra de talleres de caligrafía e lettering Belén L. Méndez coñecida como nacu, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en  obradoiros.
 
 Aquí tendes o enlace ao seu Instagram: nacu (@nacu.es) • Fotos y videos de Instagram


A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:
 
- Escribir para saber, para aprender.
- Escribir para comunicar e comunicarnos.
Escribir relatos, historias.
- Escribirnos, coñecernos a través da escrita: diarios, axendas,  biografía...
- Escribir xuntos en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros, wikis…
- Escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía…
- Escribir para deixar pegada e preservar a memoria individual e colectiva.
- Escribir para incluír e visibilizar.
- Traducir.
Reescribir, versionar e adaptar.
- Escribir no audiovisual: guións, escaletas.
- Escribir para  estimular a creación.

luns, 24 de outubro de 2022

24 de outubro. Día das Bibliotecas.

O 24 de outubro é o Día das Bibliotecas  e este ano faise baixo o lema  BiblioTEcuida.

As bibliotecas como espazos libres e abertos, que se preocupan por atender ás necesidades dos seus usuarios.  

As bibliotecas como recursos para a formación, a aprendizaxe e a investigación.

As bibliotecas como espazos abertos á lectura. Unha lectura que entretén e que enriquece. Unha lectura que cura.

Bibliotecas espalladas por toda a nosa xeografía: bibliotecas nos coles, nas cidades, nas vilas; bibliotecas nos hospitais e nos centros peninteciarios; bibliotecas  a pé de praia; bibliobuses; bibliotecas nos centros culturais e nas Asociacións de Veciños.

Benvidos á biblioterapia! Benvidos á biblioteca! Benvidos  á Bibliocrocaio!


venres, 21 de outubro de 2022

MANUALIDADES E CABAZAS DE SAMAÍN.

 Planazo para esta fin de semana!! Preparar unha manualidade ou unha cabaza para traer ao cole e conseguir unha ambientación xenial!!!


xoves, 20 de outubro de 2022