venres, 24 de xuño de 2022

O curso 2021/2022 chega ao seu fin

Todas as viaxes teñen unha final e ata aquí chegou a nosa. Unha viaxe cargada de ciencia, de experimentos, de ficción e de moita ciencia e ficción. Tomar conciencia de moitas das cousas que nos rodean era o noso obxectivo e pódese dicir que foi totalmente acadado. 
Voltaremos en setembro con moitas ganas, paixón e sobre todo ilusión.

Felices vacacións!


xoves, 23 de xuño de 2022

Recomendacións lectoras para o verán

 O último día de curso todo o alumnado levou para as súas casas o tríptico de verán coas recomendacións lectoras que Crocaio vos fai como todos os anos.

Desfrutade do verán en compañía dun libro para que sigades soñando!





Voluntariado Lector: esencial na Bibliocrocaio

Por aquí deixámosvos unhas fotografías do acto da entrega dos agasallos e diplomas para o voluntariado lector do CEIP Eduardo Pondal. Arpoveitamos para volver a darlles as grazas por todo o seu esforzo e traballo durante o curso. Parabéns!




domingo, 19 de xuño de 2022

Rosalía de Castro, unha das protagonistas da nosa excursión de Fin de Curso

O pasado 9 de xuño todo o alumnado do CEIP Eduardo Pondal visitou a casa museo de Rosalía de Castro. No ano 1947 creouse o Patronato de Rosalía de Castro co fin de recuperar a Casa da Matanza. Esta foi restaurada no ano 1971 co obxectivo de dar a coñecer a figura e obra da escritora. O alumnado disfrutou do seu interior e do seu xardíns ao mesmo tempo que gozaba da paz que transmite este lugar. Por suposto, adquirimos novos exemplares que forman xa parte da Bibliocrocaio e que moi pronto vos ensinaremos.




A continuación deixámosvos un vídeo que resume toda a xornada no que se inclúe a visita á casa de Rosalía e á catedral de Santiago. Esperamos que vos guste. 

Recoñecemento ao voluntariado lector do noso centro

 A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades recoñeceu hai uns días o traballo de10 centros de Infantil e Primaria en materia voluntariado de lectura, iniciativa integrada nos programas de voluntariado da Consellería de Política Social e Mocidade. 

O obxectivo é premiar bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar. Entre eses centro, o CEIP Eduardo Pondal foi galardoado cun dos premios polo gran labor que fixeron os alumnos de quinto e sexto de Educación Primaria durante o presente curso. 

Dende aquí queremos agradecerlles todo o seu traballo na Bibliocrocaio. O seu premio disfrutouno todo o centro cunha xirnada de xogos feitos por Xandobela (asociación de educación e dinamización cultural). Por aquí deixámosvos unha mostra do ben que a o pasamos.

sábado, 18 de xuño de 2022

ONCE de Marta Castro

Como vos dixemos na anterior entrada, este luns Marta Castro, nai de Teo de 5 anos, contounos a historia que ela mesma escribiu.

"ONCE"

Moitas grazas Marta por este conto feito con tanto amor!



Este é o conto manuscrito por ela





mércores, 8 de xuño de 2022

"ONCE"

O próximo luns teremos unha visita moi especial. Marta Castro, nai de Teo, alumno da aula de 5 anos, contaralles unha historia moi especial onde o protagonista será o propio alumnado.

"ONCE"

Aquí vos deixamos un adianto en palabras de Marta Castro

“ONCE”conta a historia dun grupo de amigos que deseñan e constrúen  con ferramentas especiais un novo planeta

“ONCE”  é unha historia de amor propio, esperanza e creatividade,  un relato que reivindica a singularidade humana, o valor personal e a maxia da infancia.

Marta Castro Varela

Escritora de xénero, articulista e divulgadora de vida consciente


                                                         Marta Castro Varela

domingo, 5 de xuño de 2022

5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente

O Día Mundial do Medio Ambiente celébrase o 5 de xuño coa participación de gobernos, empresas e cidadáns nun esforzo por abordar os máis apremiantes problemas ambientais.

Este ano, celébrase co tema "Unha soa terra", unha consigna que pide cambios profundos nas políticas e nas nosas decisións para permitir vidas máis limpas, ecolóxicas e sostibles en harmonía coa natureza.

No noso centro traballamos con numerosos contos que fan alusión aos aspectos mencionados anteriormente.


Por outra banda, o CEIP Eduardo Pondal cunha horta ecolóxica que emprega todo o alumnado e que hoxe máis, que nunca, ten moito sentido: Feliz día do Medio Ambiente.