sábado, 23 de xaneiro de 2016

Contos e cancións para o día da paz

En todos os lugares do mundo se contan historias de seres marabillosos porque
os contos alargan a vida:
O Pachatantra na India.


Scheherezade na literatura oriental deu personaxes como Aladino, Simbad, Alí Babá.
Os kamishibai no Xapón, dos que surxe o manga, ou cómic xaponés.
En Europa Perrault, Grimm; con personaxes coma Carapuchiña ou Brancaneves.

No deserto africano tamén contan moitos contos:
CONTOS DO MUNDO:   A narradora do deserto de J. A. Fluixá on PhotoPeach


Contos de hoxe:
 Para agradecer cada unha das marabillas que nos rodean e que, por habituais, podemos deixar pasar .... Libros-álbum fantásticos, para ler, contar, compartir, regalar e disfrutar. 

Paco Nogueiras: Apertas que voan é a nosa canción da paz este ano 2016:

SEMANA DA FROITA

Anímate con este xogo das cores dos froitos que che propón Crocaio!
  Crocaio está moi contento de poder ofrecervos ao mesmísimo autor Eric Carlé contando en inglés o coñecido conto "A eiruga larpeira", prestade atención:

xoves, 14 de xaneiro de 2016

Charles Perrault: autor de Carapuchiña vermella, Cincenta, O gato con botas, Polgariño, Barbazul...

Este pasado día 12 de xaneiro,Google adicoulle un estupendo Doodle á figura de Charles Perrault, con motivo do 388 aniversario do seu nacemento en París.

Para saber máis sobre a vida e a obra dos máis populares autores de contos infantiles de sempre  fai clic sobre eles.
CHARLES PERRAULT:Barba Azul
O gato con botas, A bella durminte, A Cincenta, As fadas, Pel de asno, Polgariño, Carapuchiña vermella.

Podes ler aquí todos os contos de Charles Perrault:
HANS CHRISTIAN ANDERSEN: 
O parruliño feoO traxe novo do emperadorA raíña das nevesAs zapatillas vermellasO soldadiño de chumbo,O reiseñorO xastriño valente  e A Sereíña. traducidos a máis  80 idiomas e adaptados a obras de teatro, ballets, películas e obras de escultura e pintura.

Podes ler todos os contos de Andersen facendo clic na sereíña:

 IRMÁNS GRIMM: Rapunzel,O lobo e os sete cabritiños, O músicos de Bremen, Juan sen miedo,Dama duende, O pescador e a súa muller, Hänsel e Gretel,  A bella durminte do bosque, Blancanieves

Podes ler aquí o conto que queiras dos irmáns Grimm, clica en Rapunzel:
E agora escoita o conto de Pulgarcito:


Na Biblio Crocaio tamén podes atopar Barbazul:

domingo, 10 de xaneiro de 2016

Voluntariado de lectura -A

                         
O Ceip Eduardo Pondal imos traballar para ser ser Voluntarios de Lectura:
O obxectivo desta acción é estimular o voluntariado cultural en relación coa lectura entre o alumnado de 5º e 6º cursos de ensino primario.

Esta iniciativa pretende favorecer a formación de actitudes de colaboración e de solidariedade entre o alumnado galego, especialmente no ámbito cultural, que poderá materializarse en actividades de colaboración na biblioteca escolar ou a través de actividades de lectura compartida organizadas pola biblioteca, dentro do centro, e nas que poderán participar, así mesmo, outros sectores da comunidade educativa.
Estas actividades deberán contribuír á educar ao alumnado para a solidariedade.


mércores, 6 de xaneiro de 2016

Calendario 2016 do libro e a lectura

Desde a Subdirección Xeral de Bibliotecas, da Secretaría X. de Cultura (C. de Cultura, E.O U), edítase un cartel co Calendario do Libro e da Lectura para o ano 2016, no que se lembran as datas máis relevantes  para o ano que comeza. 
A ilustradora é Tania Solla: