mércores, 29 de febreiro de 2012

LIM sobre os XOgos Olímpicos

Ola rapaces e rapazas, estou de novo aquí, estiven traballando nun lim sobre os Xogos Olímpicos.
Seguro que vos gustará e aprenderedes moitas cousas!!

                  LIM : TODO sobre os XXOO

Mirade que divertida obra de teatro fixeron estes nenos e nenas de 5º co tema dos Xogos:


domingo, 26 de febreiro de 2012


Vén de publicar Kalandraka esta xoia de Antonio Rubio con ilustracións de David Pintor:
Almanaque musical: doce poemas, un para cada mes do ano, onde a música, incansable, acompañaranos nos cambios de estación. Ao final tedes unha lista de recomendacións musicais para acompañar a lectura dos versos: Vivaldi, Bach, Mozart, Beethoven...
Máis completo, imposible. O malo é que non podemos pechar os ollos para sentir a música porque non queremos perdernos nin un só detalle das magníficas ilustracións de David Pintor. E vós, que preferides?
 E PARA  OS MÁIS PEQUENOS:

venres, 24 de febreiro de 2012

"PEPIÑA MARUXIÑA QUERE VOAR" Contacontos Familiar de balde.

Este domingo tedes a oportunidade de desfrutar no Verbum cos vosos fillos, dun contacontos "Pepiña Maruxiña quere voar", no Verbum (Avda Samil, 17) as 18:00 horas, organizado pola Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.


ANIMÁDEVOS E DISFRUTAREDES!!!


mércores, 22 de febreiro de 2012

24 de febreiro día de ROSALÍA DE CASTRO

  • Este ano fanse os 175 anos do seu nacemento.
Cada 24 de febreiro lembramos o nacemento de Rosalía de Castro, poetisa sen par en lingua galega e castelán.

Ler a súa obra é unha das mellores maneiras de renderlle homenaxe, ainda que a Asociación de Escritores en Lingua galega AELG quere que nos animemos a agasallar neste día un libro en lingua galega e unha flor.

Clica no libro e busca  Rosalía e a infancia para saber máis sobre esta poeta galega: 



martes, 21 de febreiro de 2012

21 DE FEBREIRO: DÍA DA LINGUA MATERNA 

O obxectivo desta celebración, aprobada pola UNESCO en 1999, é impulsar a práctica das linguas maternas en todo o mundo, en especial, a das minorías por seren aquelas que se encontran nunha situación máis difícil.

Tamén forma parte desta celebración a promoción do respecto e interese por todos os idiomas para favorecer unha actitude positiva cara á riqueza lingüística do mundo.
A ONU entende que os idiomas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento da herdanza cultural da humanidade e que, daquela, toda iniciativa que promova a súa supervivencia servirá para incentivar, ademais do pluralismo lingüístico, a diversidade cultural.

A lingua materna, aquela en que os nenos aprenden a falar, é, como dixo o poeta Manuel María, “a chave coa que abrimos o mundo”. A lingua primeira axuda a configurar, dende o afecto, a propia visión do mundo, ao tempo que a identidade individual e colectiva.

Clica no documento adxunto que figura abaixo e verás unha presentación en PDF sobre o Día Internacional da Lingua Materna .
    lingua_materna_2011.pdf  







mércores, 15 de febreiro de 2012

Cabeza cuberta mañá xoves!

Para que non che pase o que lle pasou á toupiña do conto:

Mandado do Meco: D. Antorcho Olímpico 2012

O Meco manda para o xoves: CABEZA CUBERTA:
 Fai clic e le un interesante artigo sobre o PANO GALEGOe outros xeitos de cubrir a cabeza.
Fai clic na gorra para ir ao blog do cole e ler a copla.  Pode ser tamén Gorra:
Ou se a tes a man que mellor que unha boa BOINA!!

sábado, 11 de febreiro de 2012

Lecturas con amor

          Pásate pola Biblio e pídeos prestados!!
Por que buscamos a nosa media laranxa?
"Un día alguén inventou esta divertida historia para explicar o amor: ao principio os deuses crearon aos humanos como laranxas. Cada laranxa tiña catro brazos, catro mans, catro pernas, catro pés, dúas cabezas e dous sexos, un de neno e outro de nena.
As veces dous sexos de nena e dous de neno. As laranxas podían rodar...eran moi felices, tanto que se creron deuses e isto non o soportaron os deuses.
Enfadáronse tanto que decidiron cortar as laranxas en dúas partes.
Desde ese día os humanos son medias laranxas que buscan a súa media laranxa para ser felices." Piruletas de Filosofía de  Brigitte Labbé e M. Puech. Ed. SM
Unha axuda para nenos e nenas a reflexionar sobre preguntas importantes que se plantexan

Buscando un amigo Para os máis  pequenos.
Pipo era un cachorro. Vivía nunha granxa coa gata Cleo. Cleo era moi dormilona enunca quería xogar con Pipo, así que Pipo  aburríase moito xogando só. Cando Pipo se aburría pasaban cousas raras. E sempre lle pasaban á pobre Cleo.Título: Buscando un amigo de Hannah Ray . Texto Editores

Rita e Berta son inseparables.Son as mellores amigas do mundo, por iso, Rita tratará de pasar unha mensaxe a Edu no nome de Berta dicindolle que lle gustaría ser a súa noiva.
Menudo lío se arma!!
Rita tiene novio de Mikel Valverde. Ed Macmillan , de 8 a 12 anos.


Porque te quero tanto de Guido van Genechten! Ed. Tambre.
¡Porque te quero tanto! fala das inquedanzas dun bebé ante a vida, das preguntas que se formula nos seus primeiros pasos e do importante que é sentirse querido a unha idade tan temperá. A pesar de que o tema foi tratado en numerosas ocasións, o texto, sinxelo e conciso, a imaxe, a cor, o xogo de texturas, e mesmo o tamaño dos debuxos, canalizan a calma, a inxenuidade e a plenitude que desexa transmitir o autor con esta tenra proposta.
Así empeza
Osiño era listo, moi listo. Sabía ónde se agochaban os peixes máis deliciosos e cómo pescalos.
Coñecía o sabor das folerpas de neve antes de que se derretesen na súa boca.

Leopoldo y Casilda de Daniela Kulot-Frisch Ed. Faktoría K de Libros
Leopoldo vive co seu papá e Casilda coa súa mamá: un conto que fala de fillos únicos, da necesidade de relacionarse con outros nenos e das familias monoparentales. Conta dúas historias de amor. Unha historia cargada de ternura. Un libro respetuoso coa infancia, con ilustracions de vivas cores.
Así empeza:
Leopoldo tiene una mamá que se sienta con él al atardecer y le cuenta cuentos maravillosos.
Leopoldo tiene una mamá que por las noches deja la puerta de su dormitorio entreabierta para que pueda oí lo que ella hace por la casa.
Leopoldo tiene una mamá que por las mañanas le lleva al armario para que escoja la ropa que quiere ponerse.
Leopoldo tiene una mamá que le acaba el desayuno cuando ya no puede comer más.
Leopoldo tiene una mamá que nunca mete su patito de peluche en la lavadora, por muy sucio que esté

venres, 10 de febreiro de 2012

mércores, 8 de febreiro de 2012

Disfraces e páxinas do Entroido con moita información.

Aquí podes atopar disfraces moi orixinais se ainda non sabes de que te vas disfrazar.


E se premes neste PELIQUEIRO DE LAZA terás moita información sobre o Entroido: manualidades, xogos, receitas... seguro que che gustará!!

luns, 6 de febreiro de 2012

Viaxe ás covas do Folón

Videoxogo no que os participantes farán unha viaxe nunha máquina do tempo que atoparán nas Covas do Folón en Coruxo(Vigo).
Destinado a estudantes de 3º Ciclo de Primaria e 1º da ESO dos colexios de Vigo para que descibran a súa cidade a través da súa historia, do seu patrimonio e da súa lingua.



En cada época: Megalitismo, Os petróglifos,Os Castros, Romanización, Medievo,Os Pazos,Reconquista, Modernismo e Actualidade; o xogador atravesará o escenario de esquerda a dereita e terá que resolver tres xogos intercalados con catro preguntas.
Xoga tantas veces como queiras!O teu resultado final será a media de todas as partidas que xogues.
Poderás xogar ata o 25 de marzo.

venres, 3 de febreiro de 2012

Técnicas de estudio: Como facer un traballo.

A biblioteca escolar do CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra) elaborou esta presentación como material para aprender a realizar un traballo, destinada ao alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria. Simple e ben documentada, é un material que pode ser empregado para a educación documental desde a biblioteca escolar
 
 
 

mércores, 1 de febreiro de 2012

Un día da Paz compartido.

 Aquí tedes o resume do Día da Paz compartido cos coles veciños de Candeán e Carballal.
Foi un magnífico día  no que o alumnado disfrutou xogando e compartindo a celebración.
Todo saiu moi ben. Moitas grazas pola colaboración a compañeiros, conserxes, policía local e  sobre todo ao alumnado, que conservará na memoria este día da Paz diferente e compartido. 
Xogaron, debuxaron , cantaron,  intercambiaron as súas medallas identificativas e aínda que cantaron a mesma canción "Apuesta por la Paz" de Noel Soto as coreografías eran distintas polo que quedou moi ben. Estamos preparando o video máis completo.

Día da PAZ 2012. CEIP Eduardo Pondal .Vigo on PhotoPeach