venres, 30 de setembro de 2011

BARRIO SÉSAMO cumple 40 anos!!

 Xeracións e xeracións de preescolares medramos cas súas divertidas aventuras,  as súas pegadizas cancións e os seus xogos, enseñándonos a todos que é posible aprender e divertirse ao mesmo tempo.

Fai clic na imaxe e poderás xogar  con eles ou escoitar algunha das súas cancións.

Un mes coma este, en novembro pero de hai xa 40 anos, naceron Epi e Blas,a Ra Gustavo, Coco, Elmo, Tricky o 'Monstro das Galletas' e todos os demais entrañables e queridos habitantes de Barrio Sésamo.
Foi un 10 de Novembro de 1969 cando todos estes achuchables e divertidos personaxes  coaronse por primeira vez nas casas dos norteamericanos a través da televisión. Oito anos despois, en 1977, chegaron a nosa pequena pantalla, nunha versión exclusiva para España con Espinete, a Galiña Caponata, Don Pimpón e Perezgil, o caracol.


Actualmente, Televisión Española dá continuidade a este magnífico proxecto educativo coa emisión de Juega conmigo, Sésamo, un novo formato cos mesmos contidos didácticos orixinais pero actualizados e adaptados aos novos tempos.
¡¡Moitas felicidades a todo Barrio Sésamo!! E que cumplades moitos máis.
Aquí tedes a Coco nunha  divertida escalada; vainos achegando ao tema dos deportes que será o que traballemos este curso na BIBLIOCROCAIO.
Crocaio espera que disfrutedes con el. Saúdos Bibliocolegas!!!
 

venres, 23 de setembro de 2011

S.O.L.

Vimos de recibir na Bibliocrocaio o poster e marcapáxinas que nos enviou  S.O.L., o Servicio de Orientación
da Lectura da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, que é un servicio que recomenda libros de lectura para todas as idades, para familias, por temas...
Se clicades no fermoso  poster  de gatos da ilustradora Ana Juan podedes botarlle unha ollada á páxina e poñela en favoritos para tela sempre a man, xa que é moi útil


          A ilustradora Ana Juan é Premio Nacional de Ilustración  2011 e fai debuxos como os do conto de Frida que podedes atopar na Bibliocrocaio e que conta a historia da vida da pintora  mexicana Frida  Kalho.
Nos libros para nenos é frecuente ver como   poetas, narradores e ilustradores limitanse a suxerir un mundo sinxelo, a medio facer e con trazos insuficientes, como si o mundo dos nenos e nenas fose... simple.

                        Este é un libro especial. 


 











FRIDA, Jonah Winter, ilustrado por Ana Juan  Col. Alfaguara Infantil (2003)


Tamén podedes disfrutar desta animación do mesmo libro.



A páxina Web da ilustradora é

http://www.anajuan.net/

mércores, 21 de setembro de 2011

CHEGA o outono!!

Grazas á BIBLIOTECA DE SECUNDARIA DO CPI VIAÑO PEQUENO (TRAZO)que nos enviou este documento que compartimos.

No youtube algúns din que o outono vive aquí, na Selva de Irati, mais pensamos que tamén podería andar por aqui perto(Fragas do Eume). Se o vedes, dicídelle que non temos presa porque nos visite.


A Selva de Irati é o segundo haiedo-abetal máis extenso e mellor conservado de Europa, despois da Selva Negra de Alemania. Unha inmensa mancha verde dunhas 17.000 hectáreas que se mantén en estado casi virxe.  Situada no Pirineo oriental navarro, nunha conca rodeada por montañas, na cabeceira dos pirenaicos vales de Aezkoa e Salazar.


Déixovos un comentario de Ramón Otero Pedrayo sobre este cambio de estación. A aldea, o outono, os labregos: o noso.

Xa os derradeiros días de sol amañeceron
unhas mancholas cor de cobre nas ponlas
máis valentes dos vellos negrillos da estrada.
Os amieiros musicais afeitos a seguir a carreira das
augas tamén adquiren unha mística pureza de ouro
melancólico sobre o lucir da alba. As campás do val
rachan as xordas néboas. No serán locen feixes de
rosas murchas nas montañas do poente. O outono.
“¡Que triste está a aldea!” din os cidadáns
maxinando os camiños lamigosos, as casas afumadas,
os espellos da auga encorada nos sucos do
centeo, o trecolear dos zocos nas costas pedregullentas.
O vivir parece que detén o seu ritmo ó
compás do crecemento das noites e do medoñento
caer das follas e dos ourizos nos soutos seculares. Xa
non estoupan os foguetes da festa nin se ergue o
alalá das escascas coma nas doces noites setembrinas.
O cidadán pensa que a aldea morre
agardando coa paciencia dos penedos a que volte o
ledo rexurdir primaveral. Mais chegádevos a unha
verdadeira parroquia campesía, ollade prós terreos,
entrade nos curros e veredes que a vida lonxe de se
deter, corre máis axiña e loce máis luminosa igual
que a lapa petrucial da lareira.
O labrego ergueu a colleita. O millo está nos
cabaceiros, a pinga nas pipas, o feno ben gardado
das chuvias. Os eidos quedaron espidos. E por certo
que este ano os labregos non tiveron que se matar
na angueira. Xa o ferrado de centeo sube de trinta
reás, a horta esgotouse coas calores, o millo nin
palla rendeu nas herdades. A irmá Fame entrouse
polas portas da aldea.
Novembro 1926

Ramón Otero Pedrayo O OUTONO

mércores, 14 de setembro de 2011

Benvida ao novo curso

Crocaio estaba impaciente por volver ao cole. Chegou cargado de boas noticias.

Temos moitos nenos e nenas novos que encherán de ledicia os patios e as aulas do cole e tamén se achegarán a saudar a Crocaio na Biblio. Algúns xa viñeron a buscar contos para a hora de ler.
Este curso comeza  o seu traballo un novo equipo directivo formado pola profe Inés como directora e a profe Carmen secretaria .Boa sorte profes!

Temos tamén unha nova profe de tres e catro anos que vén de lonxe e que estará uns anos con nós xa que vén como definitiva. A nosa benvida tamén a ela.

E agora a nova que máis nos agrada darvos:

O cole foi seleccionado novamente, polo gran traballo do curso pasado para seguir mellorando a Biblio e ademais dánnos unha axuda monetaria moi importante para un cole pequeno coma o noso.Chámase o PLAMBE e nel participaremos co proxecto que imos titular "LER é o mellor deporte" .

E agora disfrutade destas fotos dos primeiros días de recreo.


Quando as crianças brincam                      
Eu as oiço brincar,
Qualquer coisa em minha alma
Começa a se alegrar

        F. Pessoa




Crocaio atopou este verán uns poemas para nenos do escritor portugués Fernando Pessoa, poemas que fixo para os seus sobriños e que son fermosos xogos de palabras dunha sensibilidade especial, están en portugués pero seguro que os comprendedes perfectamente.



Havia um menino,
que tinha um chapéu
para pôr na cabeça
por causa do sol.
Em vez de um gatinho
tinha um caracol.
Tinha o caracol
dentro de um chapéu;
fazia-lhe cócegas
no alto da cabeça.
Por isso ele andava
depressa, depressa
p’ra ver se chegava
a casa e tirava
o tal caracol
do chapéu, saindo
de lá e caindo
o tal caracol.
Mas era, afinal,
impossível tal,
nem fazia mal
nem vê-lo, nem tê-lo:
porque o caracol
era do cabelo
.
     

    (:
Arabela
abria a janela.
Carolina
erguia a cortina.
E Maria
olhava e sorria:
                      “Bom dia!”
Arabela
foi sempre a mais bela.
Carolina,
a mais sábia menina.
E Maria
apenas sorria:
                    “Bom día"

venres, 2 de setembro de 2011

Benvida ao curso 2011-2012

Xa só quedan uns días para regresar ao cole.

Eu xa fixen as miñas tarefas das vacacións e espero contarvos todo o que desfrutei no verán...
Hai novidades...
Unha aperta  de benvida
                                CROCAIO !!
Mentres agardades podedes ir entrenando con estes puzzles.Premede na miña imaxe de futbolista e poderedes xogar.