Xeracións e xeracións de preescolares medramos cas súas divertidas aventuras, as súas pegadizas cancións e os seus xogos, enseñándonos a todos que é posible aprender e divertirse ao mesmo tempo.
Fai clic na imaxe e poderás xogar con eles ou escoitar algunha das súas cancións.
Un mes coma este, en novembro pero de hai xa 40 anos, naceron Epi e Blas,a Ra Gustavo, Coco, Elmo, Tricky o 'Monstro das Galletas' e todos os demais entrañables e queridos habitantes de Barrio Sésamo.
Foi un 10 de Novembro de 1969 cando todos estes achuchables e divertidos personaxes coaronse por primeira vez nas casas dos norteamericanos a través da televisión. Oito anos despois, en 1977, chegaron a nosa pequena pantalla, nunha versión exclusiva para España con Espinete, a Galiña Caponata, Don Pimpón e Perezgil, o caracol.
Actualmente, Televisión Española dá continuidade a este magnífico proxecto educativo coa emisión de Juega conmigo, Sésamo, un novo formato cos mesmos contidos didácticos orixinais pero actualizados e adaptados aos novos tempos.
¡¡Moitas felicidades a todo Barrio Sésamo!! E que cumplades moitos máis.
Aquí tedes a Coco nunha divertida escalada; vainos achegando ao tema dos deportes que será o que traballemos este curso na BIBLIOCROCAIO.
Crocaio espera que disfrutedes con el. Saúdos Bibliocolegas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario