martes, 20 de decembro de 2011

Visita dos alumnos de Primaria ao Museo Etnográfico LISTE en Vigo

 Os alumnos de primaria do CEIP Eduardo Pondal de Vigo tivemos o enorme pracer de visitar o Museo Etnográfico Liste en Castrelos-Vigo hai uns días.
Recibíronnos con moita cordialidade , explicáronnos todas as salas así como a exposición temporal de sombreiros e zapatos.
Aprendemos moito dos nosos anergos e animáronnos a que fixeramos novamente a visita cos nosos pais nestes días de vacacións.
Había unha fermosa colección de Beléns de todos tipos, materiais e procedencias, repartida por todo o museo. 
Aquí vos deixamos algunhas fotos sobre todo do grupo dos maiores.
Pasámolo moi ben!!


luns, 19 de decembro de 2011

O BUBISHER, unha iniciativa solidaria

Aínda que xa falaramos deste proxecto, parécenos oportuno retomalo, para que o coñezades un pouco máis. O bubisher é un paxaro que vive na Península e tamén en África, nós chamámoslle Collalba negra e no Sáhara o seu nome significa  PAXARO DE BOA SORTE, no dialecto hassaní é Bubchir (o da boa nova) porque anida e cría despois das chuvias.

Este é o nome tamén do bibliobús, un camión que acude aos campos dos refuxiados do Sáhara. Entra nas escolas e vai os barrios para que as e os saharauis poidan ler contos e disfrutar da lectura.
Este ano moitas bibliotecas galegas decidiron unirse a este gran proxecto de fomento da lectura e de solidariedade.
Son moitas as bibliotecas, editoriais, e persoas que participan neste proxecto.


























O BUBISHER é  recibido con  gran alegría e ilusión por todos, como amosan estes vídeos.


                                                           LA HUELLA DEL BUBISHER






                                                     BUBISHER  SMARA   ABRIL 2.011



A nosa bibilioteca, a BIBLIOTECA CROCAIO colabora co libro " Colores y más colores"  de Mª Rosa Serdio e Ester Sánchez.



Estamos seguros que disfrutarán moito.

xoves, 15 de decembro de 2011

NADAL 2011 2º e 3º CICLOS Recomendacións lectoras


                                                               2º e 3º CICLOS
Ola bibliocolegas!
                           O Nadal é unha época que todos aproveitamos para amosar o noso aprecio polos demais. UN LIBRO: UN BO AGASALLO. Crodila e mais eu, cada Nadal preparamos con especial agarimo cada un dos bolens, con recomendacións de lecturas. Este ano terán relación co noso proxecto: Os Xogos Olímpicos, co  deporte en xeral e cos valores que este transmite: esforzo, solidariedade, amizade, respeto, colaboración, etc…

O deporte é  unha manifestación do dereito ao xogo recoñecido na Convención sobre os Dereitos do Neno ás actividades recreativas propias da súa idade.
Asterix nos Xogos olímpicos. Cómic


            Xa me tardan estes Magos. Mamá Cabra
Libro-disco para renovar as panxoliñas de Nadal.
 O deporte  e a música axudan á saúde mental e disminuen a agresividade.

A actividade deportiva máis recomendable durante a infancia e a adolescencia é aquela na que entra en acción todo o corpo.
  Derradeira carta aos Reis Magos.Fina Casalderrey. Xerais.
 Paulo procura os escaparates que anuncian a chegada dos Reis Magos. O seu escaparate preferido é aquel onde se expón un scalextric, que Paulo desexa como o seu agasallo pero…


O deporte contribúe ao desenvolvemento social dos nenos, fomentando la autoconfianza e a integración .
 Locos por el fútbol. Un regate habilidoso.Edelvives
¿Que pensa do futuro de Catrina no fútbol un cazatalentos?A partir de 10 anos....


Lembra  que non se pode gañar sempre. Os teus adversarios tamén se prepararon para gañar a competición.
 Danny, o campeón do mundo. Roald Dahl. Xerais.
  Danny vive co seu pai nun vello carromato de xitanos, que era a súa modesta casa e o seu fogar feliz…
 
¿Atréveste a probar  a súa sopa de lobo?
Para nenos de entre seis a oito anos e también para os pais. Con Nico como protagonista, a autora trata de axudar a que os pequenos afronten os seus  medos con humor.
Nico y las recetas asquerosas. Alejandra Vallejo-Nájera
Boas vacacións de nadal e felices lecturas!!!
                                                       Crocaio

BIBLIOTECA CROCAIO Recomendacións de LECTURAS NADAL Infantil e 1º Ciclo

Infantil e 1º Ciclo
Ola bibliocolegas!
O Nadal é unha época que todos aproveitamos para amosar o noso aprecio polos demais. 
UN LIBRO,UN BO AGASALLO. Crodila e mais eu, cada Nadal preparamos con especial agarimo cada un dos boletíns, con recomendacións de lecturas. 
Este ano terán relación co noso proxecto: Os Xogos Olímpicos, co Deporte en xeral e cos valores que este transmite: esforzo, solidariedade, amizade, respeto, colaboración, etc…
DE LA A A LA Z CON LOS DEPORTES de R. Cruz Contarini.Ed. Everest

Os deportes e as súas reglas son diversión, disciplina e saúde. Practicar baloncesto,
atletismo, voleibol ou fútbol supón un esforzo pero tamén compromiso, amizade e felicidade. Letra a letra polo abecedario competimos cos deportes.
UN COELLIÑO NA BEIRAMAR de R. Caride Ogando. Ed. Everest
Un coello, curioso, viaxeiro, convértese no noso guía polo mundo do mar. Os seus ollos serán os nosos e con el coñecemos a infinidade de seres deste universo de auga e sal.
O QUE TEN QUE APRENDER UN CEMPÉS QUE QUEIRA SER SABIO Mercedes Carrión & Francesca Chess Editorial OQO
Perico estaba nervioso porque ía ir á escola por primeira vez. Ao cantar o galo,
saltou da cama e, un por un, calzou os cen zapatos, puxo o chapeu, colocou as lentes,
e saíu correndo. Pero... ai! chegou tan tarde que xa se foran todos.
E isto non lle pode pasar a un cempés que queira ser sabio!

TODO SOBRE EL FÚTBOL- Elfos.
¿Qué é o fútbol?, ¿Como é o terreo de xogo?¿Cales son as reglas?,¿Cal é a misión do árbitro?, ¿Cómo se entrena un futbolista profesional?¿Como é un estadio?,¿Qué se aprende na escola de fútbol?...
UN SACO DE ESTRELAS. Fina Casalderrey. Xerais
Cada atardecida do mes de maio, aquela muller pasaba entre as burlas dos nenos e das nenas cara ás leiras de Sobredorrío. Levaba sempre un misteriosos saco luminoso que semellaba ter dentro a luz de ducias de estrelas
CROCAIO deséxavos moi bo nadal e felices lecturas!!!

martes, 13 de decembro de 2011

PUZZLES PAPÁ NOEL DEPORTISTA

PUZZLES OLÍMPICOS  Mirade o que nos trouxo CROCAIO, que andivo dando unha volta por outras biblios que tamén traballan sobre os Xogos Olímpicos e gustoulle este puzzle do rato Mick.

http://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=3f0aa33c66b3

Deixounos tamén estoutros de Papá Noel deportista.
Ollo, que cada vez son máis complicados!! Fai clic nas imaxes:



luns, 12 de decembro de 2011

Imagine

Este xoves cumpríronse 31 anos do asasinato en Manhattan de John Lennon, músico multiinstrumentista e compositor ademais de firme activista pola paz xunto á súa muller, Yoko Ono. Algunhas das súas cancións adoptáronse como himnos por movementos contra a guerra.
Nesta semana, na que tanto oimos falar de dereitos humanos, non queremos esquecer as súas palabras na canción Imagine: "Imaxina a toda a xente vivindo a vida en paz...


venres, 9 de decembro de 2011

10 de Decembro: Día dos DDHH

      10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un  mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un  fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير  (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!

A BIBLIOCROCAIO únese a esta iniciativa das Bibliotecas galegas e escolleu entre  estes marabillosos: Álbumes para o Bubisher, o álbum "Colores e máis colores " de Rosa Serdio da editorial. Pintar y Pintar.


Este é o un dos BUBISHER



xoves, 8 de decembro de 2011

Para saber máis

Fantásticas ilustracións de Violeta Monreal, ilustradora, persoa que se achega aos coles para enseñar a súa obra de ilustradora e tamén de escritora e autora de libros como os da colección "No sólo fútbol" de Everest, que son novidade na Bibliocrocaio e que presentamos o mércores no taller de lectura de 3º ciclo. Se clicades na portada do libro poderedes ver a Violeta con alumnos de 5º, nun cole de Asturias.


      E aquí están estas fantásticas ilustracións: