mércores, 22 de decembro de 2021

Bo Nadal

 Chega a época de Nadal e a nosa biblioteca énchese de ideas para celebrar esta data tan especial. 

A  Bibliocrocaio propuxo unha actividade na que os peques tiñan que demostrar toda a súa creatividade: deseñar e elaborar unha bóla de Nadal a modo de planeta. Queredes ver o resultado? Foi marabilloso. 




Doutra banda, o noso andel de novidades de enchéuse de libros e películas que nos transportan a lugares e historias do Nadal cheas de encanto. 


E como non, non podiamos deixar pasar estas datas sen recomendar algunhas lecturas fantásticas a través deste tríptico; a continuación, compartímolo convosco!

https://drive.google.com/file/d/1rSHB2ApupE3o8rArxIRbZMcHFta8KfuS/view?usp=sharing

E sen máis nada que engadir, desexámosvos unhas felices festas e un próspero ano 2022

venres, 17 de decembro de 2021

MES DA CIENCIA

 Compartimos con todos vos un Genially no que podedes visualizar os distintos experimentos científicos que fixemos durante o mes da ciencia no CEIP Eduardo Pondal. Foi unha experiencia fermosa  onde aprendemos moitísimas causas e onde a sorpresa formou parte do noso día a día. 

Esperamos que vos guste.


luns, 6 de decembro de 2021

A taste of the moon

"Facía moito tempo que os animais desexaban saber a que sabía a lúa. Sería doce ou salgada? Tan só querían probar un pedaciño..." 

Pois sí, os máis peques do cole tiveron a sorte de escoitar esta fermosa historia en Inglés e da man do noso auxiliar de conversa. Xa vedes o atentos que estaban e o moito que o disfrutaron!


venres, 3 de decembro de 2021

3 de decembro: Día das Persoas con Discapacidade

O día 3 de decembro, conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, instaurado pola Organización das Nacións Unidas.

É un día para celebrar, para saír á rúa, para reivindicar, pero sobre todo para dar voz aos desexos de todas as persoas que padecen discapacidade. Nós, dende o CEIP Eduardo Pondal, quixemos recordar este día cuns traballiños feitos a partir do lema "Baixo o mesmo paraugas".