Amosando publicacións coa etiqueta Rosalia de Castro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalia de Castro. Amosar todas as publicacións

sábado, 28 de febreiro de 2026

Homenaxe de Marta a Rosalía de Castro

Este venres tivemos unha visita moi especial. Marta, nai de Teo de 4º de primaria, agasallounos cunha estupenda representación facendo homenaxe a Rosalía de Castro. 

Na pel de Dona Severina, trasladounos unha preciosa carta recibida da mesmísima Rosalía antes de morrer, para que a lera a tod@s nós.

Marta escribiu toda a súa representación e a carta de Rosalía, creando un clima incrible de sorrisos, risas, emocións, nostalgia e tenrura.

Unha auténtica artista!!

Moitísimas grazas Marta por ese momento tan máxico!!
















luns, 23 de febreiro de 2026

23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

Bo día seguidor@s da Bibliocrocaio

Hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro organizado polo EDLG (equipo de dinamización da lingua galega) cunha xuntanza no patio do colexio, onde escoitamos por segunda vez todos os pódcasts que cada aula transmitiu en directo os venres de xaneiro e febreiro, recitando poemas de Rosalía. Nesta actividade tamén participaron mestr@s e familias.

Despois cada aula recitou o pareado que fixo partindo dun verso do poema titulado:

"Cando era tempo de inverno"







Ademais, a nivel de aula, traballáronse actividades diversas como estas da aula de 3º de primaria.







sábado, 21 de febreiro de 2026

Rosalía de Castro 5

Xa está chegando o Día de Rosalía de Castro e, como sabedes, todos os venres de xanerio e febreiro na Radio Pondal fixemos un recitado de poemas de Rosalía, no que participaron alummado, familias e mestr@s. 

Estes recitados fixéronse en directo antes da saída para que poideran escoitalos toda a comunidade educativa.

Aquí vos deixamos algúns momentos deste venres da man do alumnado de 1º e 2º de primaria xunto a súa titora a profe Marta.

Recitaron a poesía "Vente, rapasa..."



Vente, rapasa,

vente, miniña,

vente a lavar

no pilón da fontiña.


Vente, Minguiño

Minguiño, vente;

douche si non

polo demo do dente.

...





luns, 9 de febreiro de 2026

Rosalía de Castro 4

Ola a tod@s.

O venres día 6 fixemos a cuarta sesión de poemas de Rosalía de Castro na nosa Radio Pondal, que como xa sabedes está organizada polo EDLG.

Deste vez os protagonistas foron os nenos e nenas de educación infantil, que xunto ás súas titoras e Pili, cantaron o poema de Rosalía titulado "No bico un cantar". Ademáis tamén contamos co recitado do profe Yago.


Do mar pola orela mireina pasar, 

na frente unha estrela no bico un cantar,

E vina tan soia na noite sin fin...


¡Ai dos que levan na frente unha estrela!

¡Ai dos que levan no bico un cantar!...


sábado, 31 de xaneiro de 2026

Rosalía de Castro 3

Ola a tod@s!

Este venres tivemos a terceira sesión de Radio Pondal con novos poemas de Rosalía de Castro. 

Desta vez a nai de Selena (5º de primaria) e o alumnado de 4º de primaria, recitaron os poemas: "Máis ve que o meu corazón" e "Lugar máis fermoso"

Moitas grazas por colaborar!





Lugar máis fermoso
non houbo na terra
que aquel que eu miraba,
que aquel me dera.

Lugar máis fermoso
no mundo n´hachara
que aquel de Galicia,
¡Galicia encantada!


Máis ve que o meu corazón
é unha rosa de cen follas,
i é cada folla unha pena
que vive apegada noutra.

Quitas unha, quitas dúas:
penas me quedan de sobra;
hoxe dez, mañán corenta,
desfolla que te desfolla.

¡O corazón me arrincaras
desque as arrincares todas!

sábado, 24 de xaneiro de 2026

Rosalía de Castro 2

Bo día amiguiñ@s.

Aquí vos deixamos algúns momentos da segunda sesión deste venres de Radio Pondal  en torno á Rosalía de Castro. Desta vez da man do alumnado de 3º de primaria e coa colaboración moi especial da nai e o pai de Samantha, Sofía e Jimena. 

Moitas grazas familia pola vosa colaboración!!




Cando a luniña aparece
i o sol nos mares se esconde,
todo é silencio nos campos,
todo na ribeira dorme...



Una vez tuve un clavo
clavado en el corazón,
y yo no me acuerdo ya si era aquel clavo
de oro, de hierro o de amor...



Da catedral campana
grave, triste e sonora,
cando ó raiar do día
o toque de alba tocas...




sábado, 17 de xaneiro de 2026

Rosalía de Castro 1

Ola a todo o mundo

O equipo de dinamización de lingua galega, EDLG, organizou unha actividade preciosa para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, que terá lugar o 23 de febreiro:

Recitado de poemas os venres de xaneiro e febreiro a través da nosa Radio Pondal, animando a toda a comunidade educativa, alumnado, familias, mestres e mestras. Para formar parte da gravación informade á titora correspondente.

Aquí vos deixamos algúns momentos deste venres, no que o alumnado de 5º de primaria recitou o poema "Nasín cando as prantas nasen".



Nasín llorando,
en el mes de nasín froles,
en amanecer,
en un amanecer de abril.
Por eso me llaman Rosa,
pero la sonrisa triste,
con espinas para todos,
pero nadie para ti.
Desque quixen, ingrato,
todo se acabó para mí,
que eras tú para todo de mí,
mi alegría y mi vida.
Entonces, ¿de qué te quejas, Mauro?
Entonces, ¿de qué te quejas, diciendo,
cuando sabes que moriría
por verte feliz?
Duro clavel, me dejarás atascado
con tu maldesir,
con tu estúpida petición
de que no sé qué quieres de mí,
porque no puedo darte
un precio.
Mi corazón viene
con una llave para abrirlo.
No tengo nada más que dar,
no tengo nada más que pedirme.