Ola a tod@s.
O venres día 6 fixemos a cuarta sesión de poemas de Rosalía de Castro na nosa Radio Pondal, que como xa sabedes está organizada polo EDLG.
Deste vez os protagonistas foron os nenos e nenas de educación infantil, que xunto ás súas titoras e Pili, cantaron o poema de Rosalía titulado "No bico un cantar". Ademáis tamén contamos co recitado do profe Yago.
Do mar pola orela mireina pasar,
na frente unha estrela no bico un cantar,
E vina tan soia na noite sin fin...
¡Ai dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai dos que levan no bico un cantar!...
.jpeg)


Ningún comentario:
Publicar un comentario