xoves, 26 de xaneiro de 2012

MÁIS PAZ !!

O Nobel da Paz 2011 premia a loita das mulleres en ÁfricaImagen de Premio Nobel de la Paz 2011 para tres mujeres

A presidenta de Liberia: Ellen_Johnson-Sirleaf, a tamén liberiana Leymah Gbowee e a yemení Tawakkul Karman ganaron o Premio Nobel da Paz 2011.A súa "loita non violenta pola seguridade das mulleres e polos dereitos das mulleres para participar nas tarefas de pacificación".
Non se pode alcanzar "a democracia e unha paz duradeira no mundo ata que as mulleres non obteñan as mesmas oportunidades que os homes para influir no desenvolvemento social".

Ellen Johnson Sirleaf, de 72 años, é desde 2006 a primeira muller africana elexida democráticamente para presidir o seu país.
Leymah Roberta Gbowee, de 39 años, é unha activista coñecida por ter organizado o movemento pacifista que logrou poñer fin á segunda guerra civil en Liberia no 2003.
 Tawakkul Karman, é unha política yemení e activista pro dereitos humanos que lidera o grupo de Mulleres Periodistas Sen Cadeas, creado en 2005.
 Dende a Bibliocrocaio queremos recordar e recoñecer a estas tres grandes e valentes mulleres loitadoras .

Unha frase para o día da paz:

            " A PAZ é a única forza capaz de transformar un inimigo en amigo”.Martin Luther King.
        
DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ
 O día 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.
GANDHIGandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937o líder dun movemento capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.
 Celebramos nesta data o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. Fundado en 1964, é  unha xornada educativa co fin de levar aos nenos e nenas a mensaxe de que "o amor é mellor que o odio, o diálogo mellor ca violencia e a paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972). 

 

 Un libro para o día da paz: 

A historia de Erika de RUTH VANDER ZEE. Ed. KALANDRAKA

Ilustrador: ROBERTO INNOCENTI 

Traducción: PILAR MARTÍNEZ e XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ

Na Bibliocrocaio está a versión en galego.



  Unha película para o Día da Paz:
 "Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar"

 

Kenga, unha gaivota envenenada por unha mancha de petróleo, consigue xusto antes de morrer confiar o seu ovo ao gato Zorbas, obtendo del tres promesas: non comer o ovo, coidar del ata que abra e ensinar a voar ao recén nacido...
Fermosa película de amizade, xenerosidade e amor ao próximo que seguro vos gustará.

mércores, 25 de xaneiro de 2012

Preparamos a xornada da Paz

Aquí tedes as medallas que os nenos e nenas do cole levarán o día 30 de xaneiro e intercambiarán cos outros dous coles da zona cos que compartimos esa xornada no noso centro: o CEIP Carballal e o CEIP Candeán. Será un bo día e nós estamos traballando arreo para que así sexa.
Como podedes comprobar as medallas identificativas levan no reverso os aros olímpicos. Sabiades que a bandeira olímpica é branca co debuxo dos aros olímpicos?
Os primeiros XXOO tiveron lugar na cidade grega de Olimpia que se convertiría en símbolo de Paz porque durante as probas prohibíanse as guerras.Chamábanlle Tregua Sagrada. Sobre os atletas vencedores poñíase unha rama de oliveira , árbore que hoxe é un símbolo de Paz.





Aquí tedes tamén algunha das preciosas pombas que as familias decorastes para formar un gran mural.Sírvennos de enlace a dous xogos Lim e un conto  sobre a paz.  Moitas grazas familias!!

luns, 23 de xaneiro de 2012

LECTURAS para a Paz.

Seguro que algúns xa os coñeces , e ainda hai máis que tratan este tema , busca o teu, achégate á BIBLIOCROCAIO e pídeo prestado.Podes escoitar de fondo a canción que cantaremos o próximo luns "Apuesta por la Paz" de Noel Soto.
Nós, cláro está que APOSTAMOS POLA PAZ!!

LECTURAS PARA A PAZ on PhotoPeach

domingo, 22 de xaneiro de 2012

puzzles pacíficos

Crocaio  está moi atarefado preparando as actividades para a celebración conxunta cos coles de Candeán e Carballal do Día Escolar pola PAZ no noso centro o próximo luns 30. Mentres tanto, preparounos uns puzzles con fermosas ilustracións que son en si mesmas mensaxes de Paz. Todos teñen un número distinto de pezas, hainos máis doados e outros máis difíciles. Atrévete con todos!!


       Ariana Papini 
                                                                                                                        Xiquets
                                                                                                                                                                                  Nathalie Choux
Nicoletta Costa
                                                           
 

   Julia Wakefield                                                                                      
                                                             Nancy Ribard

sábado, 21 de xaneiro de 2012

mércores, 18 de xaneiro de 2012

LIM XXOO

Agora xa sabemos algo dos XOGOS OLÍMPICOS podedes atrevervos con este Lim co que aprenderedes moito máis sobre eles. Ánimo!

2012 Ano do poeta Celso Emilio Ferreiro

Para comezar o ano 2012 o noso poema semanal foi "María Soliña " do poeta de Celanova Celso Emilio Ferreiro ao que a Xunta dedicará actividades especiais  para conmemorar os cen anos do seu nacemento.
María Soliña existiu en realidade, foi unha muller de Cangas á que a Santa Inquisición condenou a pena de morte.
Deixovos a canción de Luar na Lubre para escoitar e cantar con eles o fermoso poema.

luns, 16 de xaneiro de 2012

Información básica sobre os Xogos Olímpicos

*Sabes por que se chaman Xogos Olímpicos?
*Que representan os aros olímpicos?
*Cando se celebran?
*Sabes por que son un símbolo de PAZ os Xogos Olímpicos?
*Cal era o premio dos primeiros gañadores?
Todo esto e moito máis poderás atopalo se fas clic e les con calma a información que Crocaio nos achega moi xentilmente.

sábado, 14 de xaneiro de 2012

Agasallos de campionato!! Bibliocrocaio.Nadal 2011

Todo un éxito foron os agasallos de libros no Nadal. Os Reis Magos sobre todo viñeron moi cargados, trouxeron pesados libros de Gerónimo Stilton a mogollón!!
Podedes ver no vídeo cantos libros da escritora  Fina Casalderrey nos agasallaron xa que moi pronto vai vir a visitarnos e a charlar cos pequenos e grandes sobre contos e historias fantásticas como as que ela imaxina e escribe. Fina é unha grande, experimentada e moi premiada escritora en galego e castelán, ademais de ser mestra, profesión da que se xubilou este pasado ano.
Nos agasallos hai tamén moitos libros de deportes xa que é o tema de traballo deste curso na BIBLIOCROCAIO.

domingo, 8 de xaneiro de 2012

O Inverno xa está aquí.

Volvendo ao noso proxecto deste curso da  BIBLIOCROCAIO: Os Xogos Olímpicos
xoga ti con este Lim que nos deixou o cole de Frian-Teis sobre os DEPORTES DE INVERNO.
Preme na imaxe e poderás xogar !


 E tamén podes buscar páxinas sobre O  INVERNO  neste Symbaloo. Pásao ben!

ADIVIÑAS PARA XOGAR

Seguro que xa tes lido o libro que Crocaio recomendou e por iso, para estes día de vacacións traemos un xogo de adiviñas.
Fai clic na imaxe e cando cargue premes no signo ?  para saber como xogar. Adiante!!

venres, 6 de xaneiro de 2012

Foto cos Reis Magos

Hoxe, o día máis máxico do ano, sáca unha foto (¡dedicada!) cos Reis Magos.

EL CAMELLO COJITO. AUTO DE LOS REYES MAGOS

 Na  Biblioteca do  Centro Virtual Cervantes  podes acceder a un arquivo sonoro coa voz da propia  Gloria Fuertes autora do poema "El camello cojito" no que nos conta as dificultades de Melchor, Gaspar e Baltasar para chegar a Belén. Crocaio está seguro que che vai  gustar. Fai clic na imaxe:


martes, 3 de xaneiro de 2012

CANTARES DE REIS

reisOs "Cantares de Reis" chamados nalgúns lugares da xeografía galega como "reises" ou "aguinaldos", son pequenas composicións cantadas que narran a chegada dos reis Magos a Belén.
Presentan tres partes: a petición de licencia para o canto, a cantiga narrativa propiamente dita e a petición de aguinaldo, que consistía en algo de comer ou doces para facer unha festa.

Xa me tardan estes magos é o novo traballo de Mamá Cabra, un disco que xurde coa intención de renovar as panxoliñas.




MAMA CABRA - Xa me tardan estes Magos from merlo branco producións on Vimeo.

Unha creación divertida e orixinal para celebrar en familia estas festas tan entrañables.

Este novo traballo publicouse a finais de 2011 da man da editorial Galaxia.

 Si pinchades na bruxa poderedes escoitar e baixar máis cancións de Mamá Cabra do seu blog: