A presidenta de Liberia: Ellen_Johnson-Sirleaf, a tamén liberiana Leymah Gbowee e a yemení Tawakkul Karman ganaron o Premio Nobel da Paz 2011.A súa "loita non violenta pola seguridade das mulleres e polos dereitos das mulleres para participar nas tarefas de pacificación".
Non se pode alcanzar "a democracia e unha paz duradeira no mundo ata que as mulleres non obteñan as mesmas oportunidades que os homes para influir no desenvolvemento social".
Ellen Johnson Sirleaf, de 72 años, é desde 2006 a primeira muller africana elexida democráticamente para presidir o seu país.
Leymah Roberta Gbowee, de 39 años, é unha activista coñecida por ter organizado o movemento pacifista que logrou poñer fin á segunda guerra civil en Liberia no 2003.
Tawakkul Karman, é unha política yemení e activista pro dereitos humanos que lidera o grupo de Mulleres Periodistas Sen Cadeas, creado en 2005.
Dende a Bibliocrocaio queremos recordar e recoñecer a estas tres grandes e valentes mulleres loitadoras .
Unha frase para o día da paz:
" A PAZ é a única forza capaz de transformar un inimigo en amigo”.Martin Luther King.
DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ
O día 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista. Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937o líder dun movemento capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios. Celebramos nesta data o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. Fundado en 1964, é unha xornada educativa co fin de levar aos nenos e nenas a mensaxe de que "o amor é mellor que o odio, o diálogo mellor ca violencia e a paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972). | |||
Un libro para o día da paz:
A historia de Erika de RUTH VANDER ZEE. Ed. KALANDRAKA
Ilustrador: ROBERTO INNOCENTI
Traducción: PILAR MARTÍNEZ e XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ
Na Bibliocrocaio está a versión en galego.
Unha película para o Día da Paz:
"Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar"Kenga, unha gaivota envenenada por unha mancha de petróleo, consigue xusto antes de morrer confiar o seu ovo ao gato Zorbas, obtendo del tres promesas: non comer o ovo, coidar del ata que abra e ensinar a voar ao recén nacido...
Fermosa película de amizade, xenerosidade e amor ao próximo que seguro vos gustará.
Ningún comentario:
Publicar un comentario