domingo, 31 de xaneiro de 2021

Día da Paz con inventos e mensaxes por Webex

O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e da non Violencia e, como coincide en sábado, o noso colexio celebrouno o venres.

Seguindo o proxecto deste curso "Inventos de conto" decoramos a entrada do colexio cun muíño de vento coa frase "Que o vento leve os nosos desexos de paz" coa colaboración do noso voluntariado de 5º e 6º de primaria.








Todo o alumnado do colexio fixo un catavento pequeno para que leve as nosas mensaxes de paz a todo o mundo.



En primaria fixeron, nunha ficha modelo, un traballo sobre algún invento que modificaron como elemento de paz, por exemplo este avión de 2º que lanza flores.




Debido á situación sanitaria celebramos o Día da Paz de forma virtual cunha reunión por Webex. Despois do recreo conectámonos todas as aulas e curso por curso lemos as nosas mensaxes e algunhas fichas cos inventos para a paz.


Aquí vos deixamos un vídeo resumo das actividades feitas.


xoves, 28 de xaneiro de 2021

Libros para o Día da Paz

Entre as novidades que mercamos para a Bibliocrocaio queremos destacar un libro encantador que se titula: 

El árbol de la amistad

Neste libro descubrirás que a amizade é como unha árbore máxica e preciosa que só crece se se rega con cariño e amabilidade hacia os outros.




Hoxe viron o conto alumnado de infantil e gustoulles moito, falando das cousas boas e malas que se fan.





Tamén para este día queremos destacar estes libros, algúns novidades e outros non tanto, pero igual de encantadores.








domingo, 24 de xaneiro de 2021

Máis novidades na Bibliocrocaio

Deixámosvos esta montaxe con novos libros adquiridos este mes. Historias, emocións, sentimentos, inventos, natureza, banda deseñada, libros en inglés...


50 inventos en Reportero Doc

A revista Reportero Doc deste mes ven acompañado deste mural que podedes aproveitar para seguir traballando o proxecto dos inventos. Podedes velo na porta da nosa Bibliocrocaio. 

50 inventos que cambiaron o mundo.



Tamén podedes experimentar partindo do invento do helicóptero, de cal é o secreto polo cal voa. Animádevos a bucear na revista para saber máis dos helicópteros.




martes, 12 de xaneiro de 2021

Día das usuarias e usuarios das bibliotecas

Onte día 11 de xaneiro conmemorouse o Día das usuarias e usuarios das bibliotecas, que son os que dan vida ás nosas bibliotecas.