13 xullo 2012

Agradecemento

Mirade o que nos chegou de tan lonxe!
 Non quixeron irse de vacacións sen agradecernos o noso humilde envío dun libro co que contribuímos a facer unha biblioteca para os nenos e nenas refuxiados nos campamentos do Sahara.

Aquí tedes en vídeo o libro que enviamos Colores y más colores de Rosa Serdio. A ver si vos gusta tamén a vós!

09 xullo 2012

Celso Emilio Ferreiro.Cen Anos.


"O meu primeiro Celso Emilio" from Seispés Producións Creativas on Vimeo.
Este é o magnífico booktrailer de presentación do librodisco O meu primeiro Celso Emilio, preparado por Xiana e Xose Lastra, que estará nas librarías a vindeira semana. Un proxecto para celebrar o centenario de Celso Emilio no ámbito escolar.Tomado de Brétemas.
  Un libro para primeiros lectores sobre o poeta celanovés que vai acompañado dun CD cos principais poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro.

O REI
No tempo aquil
cando os animales falaban,
decir libertá non era triste,
decir verdá era coma un río,
decir amor,
decir amigo,
era igual que nomear a primavera.
Ninguén sabía dos aldraxes.

Cando os animales falaban
os homes cantaban nos solpores
pombas de luz e xílgaros de soños.
Decir teu e meu non se entendía,

decir espada estaba prohibido,
decir prisión somente era unha verba
sin senso, un aire que mancaba
o corazón da xente.
¿Cando,
cando se perdeu,
iste gran Reino? Celso Emilio Ferreiro.

Repaso de verán para 2º e 3º ciclo.

Repaso de verán cos materiais de SM

06 xullo 2012

Lembranzas do curso de 6º.


Homenaxe a estas estupendas personas que deixan o cole para iniciar unha nova traxectoria no instituto.
Moita sorte rapaces e rapazas de 6º!!




Para ser grande, sé entero: nada
tuyo exageres o excluyas.
Sé todo en cada cosa. Pon cuanto eres
en lo mínimo que haces.
Así en cada lago la luna entera
brilla, porque alta vive.
                              Fernando Pessoa

02 xullo 2012

Participamos na homenaxe a Agustín Fernández Paz

Aqui tedes algunha das imaxes da homenaxe, os alumnos escoitan pacientemente outras intervencións mentres agardan a súa participación, os papás están entre o público e tamén a nosa directora Dna. Inés, en primeiro plano o escritor e a súa filla, e os tamén escritores Xavier Senín, Paco Martín e X. A. Neira .
 Asier leu a Cunqueiro:
Agora trobo o vento e máila lúa fría,
non o cervo do monte que a ágoa volvía.

Agora trobo o mare e máila nao veleira
non a amiga que canta só da abelaneira.

Agora trobo a lúa e máilo vento irado,
non o cervo do monte, meu amigo pasado.

Agora trobo a nao e máila mar maior,
e non aquela amiga, miña branca señor.

Palabras de Andrea:
"Agustín Fernandez Paz semella para min ser o personaxe de Fréderik, de Leo Lioni: o rato poeta que enche a súa despensa de raios de sol, cores de primavera e arrecendos de verán, para poder pasar o longo inverno  e contárllelo aos outros ratos , pero as súas palabras conteñen a forza necesaria para cambiar a vida e para cambiar o mundo."
Lucas leu un texto de Agustín:
..."Lémbrome dos cómics que os meus irmáns e mais eu liamos unha e outra vez, nunha época en que a palabra televisión aínda nos era totalmente descoñecida.
Lémbrome dos seriais que escoitabamos pola radio, sobre todo dos que eran os meus preferidos: Superman e Unha princesa de Marte.
...
Lémbrome do andel onde o meu pai gardaba os seus libros, entre os que había títulos inesquecibles como A illa misteriosa, O escaravello de ouro ou Os tigres da Malaisia.
Lémbrome do recendo a mazá madura que había nos armarios e nos chineiros da miña casa..."

Remate do acto coa interpretación do Himno Galego, ao fondo a violinista Begoña Riobó, que acompañou a Anxo Pintos e a súa zanfona (de Berrogüeto) e á cantante Uxía, as sobriñas do escritor e as profes que participamos.
Grazas Agustín por ofrecernos aos docentes e alumnos galegos esas historias tan ben contadas que nos axudan a coñecer mundos partindo sempre da nosa realidade galega e facendo do galego unha lingua universal para escribir e ler infinitas aventuras.
Agardamos ainda moitas máis!!