luns, 9 de xullo de 2012

Celso Emilio Ferreiro.Cen Anos.


"O meu primeiro Celso Emilio" from Seispés Producións Creativas on Vimeo.
Este é o magnífico booktrailer de presentación do librodisco O meu primeiro Celso Emilio, preparado por Xiana e Xose Lastra, que estará nas librarías a vindeira semana. Un proxecto para celebrar o centenario de Celso Emilio no ámbito escolar.Tomado de Brétemas.
  Un libro para primeiros lectores sobre o poeta celanovés que vai acompañado dun CD cos principais poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro.

O REI
No tempo aquil
cando os animales falaban,
decir libertá non era triste,
decir verdá era coma un río,
decir amor,
decir amigo,
era igual que nomear a primavera.
Ninguén sabía dos aldraxes.

Cando os animales falaban
os homes cantaban nos solpores
pombas de luz e xílgaros de soños.
Decir teu e meu non se entendía,

decir espada estaba prohibido,
decir prisión somente era unha verba
sin senso, un aire que mancaba
o corazón da xente.
¿Cando,
cando se perdeu,
iste gran Reino? Celso Emilio Ferreiro.

Ningún comentario: