domingo, 30 de marzo de 2014

2 de abril: Día Internacional do Libro infantil e xuvenil

 DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
 Dende o ano 1967 vense conmemorando o Día Internacional do Libro Infantil, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés HANS CHRISTIAN ANDERSEN, autor, entre outros contos, de O parruliño feo, A sireniña, A pequena vendedora de mixtos, O traxe novo do emperador.
Celébrase para inspirar amor pola lectura e para chamar a atención sobre os libros para nenos
Preme na imaxe do cartel que realizou Niamh Sharkey e poderás ler a Carta aos nenos do mundo que escribiu Siobhán Parkinson.


Lecturas compartidas Marzo

Na HORA DE LER:
  Os pequenos de 1º curso leron aos de Infantil de 3 anos o poema
 De que cor? do libro-disco Cartas que veñen e van de Mamá Cabra
preme no libro para escoitar a canción
Os de 3º curso leron aos de 1º  A historia da Reconquista de Vigo dos Bolechas e informáronos moi ben deste acontecemento que se festexaba o venres 28.

4º curso escolleu o libro El mar a rayas da colección A Fortiori lendo entre todos a 1º curso este libro   que nos conta como hai quen toma a opción de separarse como opción posible para vivir mellor ao non poder vivir xuntos.



5º e 6º curso leron a 2º curso curiosidades animais que os tiveron ben atentos!


E 2º leu a infantil de 4 e 5 anos.
Un grande éxito as lecturas compartidas na Hora de ler, unha vez ao mes intercambiámonos para lerlles a outros cursos unha lectura fermosa, entretida, con canción incluída ..esforzándonos cada vez máis por facelo mellor...

xoves, 27 de marzo de 2014

Sábado e domingo no Salón do libro

Destacamos para esta fin de semana no PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA:
SÁBADO 29 de marzo

11.30 h
Obradoiro. Flores con cookies Daniel Diéguez
Deseñaremos e crearemos flores en pasta de galleta.
De 8 a 11 anos. Prazas limitadas (35)

12.30 h
Gatuxo Magín Blanco
Espectáculo fusión de música, cantigas, teatro,
contacontos, clown, manipulación de obxectos...

12.30 h
Contacontos. Comendo ContosAndrea Bayer
Prenderemos os fogóns para cociñar os contos que
farán as delicias de pequenos e grandes.

De 17.30 a 19.30 h
Obradoiro. Adiviña a que cheiran as nosas 
hortas?
APEGA (Asociación de produtor@s ecolóxic@s galeg@s)
Percorreremos os aromas das nosas hortas a través de
cheiros gardados en envases. Cantos recoñeceremos?

17.30 h
Contacontos. Certame mundial de cociña

18.00 h Gatuxo Magín Blanco


Espectáculo fusión de música, cantigas, teatro,
contacontos, clown, manipulación de obxectos...

DOMINGO 30 de marzo

12.00 h
Ciclo cine infantil
Sesión documental mixta
· Safari, (10min). Ata dez anos.
· A deus, (4,30min). Ata dez anos.
· Ayla, a nena do tsunami, (15min). + 10 anos.
· Cambio de colexio: o colexio libre, (15min). + 10 anos.
· Xenial! Adrián baila. (15min). + 10 anos.
 Entrada libre ata completar cabida
12.30 h
Contacontos. Comendo Contos Andrea Bayer

17.30 h
Contacontos. Gregorio, cociñeiro de soños
Polo correo do vento
Gregorio é un cociñeiro moi especial; elabora pratos
cuns ingredientes máxicos que fan soñar os comensais.

17.30 h
Obradoiro. Piruletas de chocolate
Elaboraremos as nosas propias creacións e levarémolas
a casa.
18 h
Gatuxo Magín Blanco

Espectáculo fusión de música, cantigas, teatro,
contacontos, clown, manipulación de obxectos...

18.30 h
Sopa de sapoTalía Teatro
Espectáculo teatral para aprender os mellores
trucos e segredos das malas artes culinarias.

mércores, 26 de marzo de 2014

Visita aos nenos e nenas de INFANTIL na BIBLIOCROCAIO a escritora : ALICIA BORRÁS

O día 4 de abril, ou sexa moi pronto, estará cos máis pequenos, 3, 4 e 5 anos,
  a escritora Alicia Borrás Sanjurjo, un encontro moi esperado polos peques 
que leron e xogaron co seu libro O Señor corpo quere xogar. 
Ilustrado magnificamente polo artista Rodrigo ChaoAlicia propón co seu
 libro descubrir as partes do corpo humán e as súas funcións.

Se aínda non tedes o libro estades a tempo de pedilo. É da editorial Xerais.

A autora vai firmar os libros un por un cunha pequena dedicatoria.

O libro foi Premio Lazarillo 2010 de literatura infantil a nivel de toda España.

Autora doutro estupendo libro que lemos no 3º ciclo e que tamén nos gustou 
moito: Nata y chocolate


 Rodrigo Chao :
Ilustrou tamén estoutro libro tan familiar para nós:


luns, 24 de marzo de 2014

Acoso escolar, como detectalo.






Charla na BIBLIOCROCAIO: D. LUIS  LUACES , POLICÍA EXPERTO  EN PROBLEMAS  DE
SEGURIDADE e CONVIVENCIA, ofrecerá
 unha charla para PAIS e NAIS  sobre 
                               ACOSO ESCOLAR      


 MARTES 25 de MARZO, as 16:30h. na BIBLIOCROCAIO. 

domingo, 23 de marzo de 2014

Hoxe domingo, no salón do libro en Pontevedra.

SALÓN DE ACTOS DO PAZO DA CULTURA
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
12.00 h 
Contacontos. Contos que alimentan
Raquel Queizás (Queliña)

17.30 h 
Obradoiro. ÑAMM!!
Babaluva Títeres Títeres con alimentos. De 6 a 14 anos.

 18.00 h
Ciclo cine infantil: A conferencia dos animais
 Película de animación en versión orixinal. Singular posta 
en escena da actriz Iria Pinheiro que dobrará a película 
en directo, interpretando as voces de cada personaxe.

18.00 h: Saborear os sons dos libros. Paulo Lameiro

E un pouquiño máis tarde tedes ao contacontos coñecido de todos nós porque viositou a Bibliocrocaio:
O Carballo con Botas
18.30 h 
Contará o conto: O pescador de contos e a Xacia Luviñas
Un pescador de contos enriba dun batuxo, unha barca 
tradicional do Miño, ensina a nenas e nenos a pescar e 
cociñar as historias que viven nos ríos.

venres, 21 de marzo de 2014

Poesía e primavera




O libro de poesía de X.  Neira : Un niño no xardín de Xerais  foi o protagonista do día da poesía na Bibliocrocaio. Del é o poema que hoxe percorreu as aulas de todo o cole desde 3 anos ata 6º de primaria aunciando que xa chegou a primavera e que, como si fose un pintor coa súa paleta encheu de cores o val e a montaña.
A primavera
Xa chegou a primavera
rapaciña perfumada
trae luz nova nos ollos
e un sorriso na cara.

Vén no canto dos paxaros
na apoteose das flores
nas raiolas do mencer
e no roibén dos solpores.

A guapa noiva do vento
con el prometeu casar,
levar de madriña a terra,
levar de padriño o mar.

Xa chegou a primavera
pintando o val e a montaña
cunha paleta de cores,
agasallo dunha fada.
                  X. Neira
         
 

OUTROS INTERESANTES LIBROS DE POESÍA

sábado, 15 de marzo de 2014

SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Entre o 14 de marzo e o 5 de abril ten lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra o XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que este ano leva por título "Cociñando libros".

 Programación completa en  www.salondolibro.org
Para hoxe sábado :
SÁBADO 15 de marzo
11.30 h
De oca a oca e... como porque me toca
Pepa Martín, mariscadora de contos
Contacontos dinámico. Cata de contos coas ferramentas
naturais: os cinco sentidos.
Público familiar
11.30 h
Obradoiro-Show. Planea a túa festa!
Editorial Ouvirmos
Queres ser o anfitrión dunha divertida festa con convites
e pratos deliciosos? Baseado no libro: Menús para festas.
Público familiar. A partir de 6 anos. Prazas limitadas (50)
12.30 h
Cantos animais
Susa Herrera
Novo libro-disco presentado polo cuarteto As comadres,
con Susa Herrera, Merchy Rozas, Teresa Gómez e Lara
Expósito.
AUDITORIO DO PAZO DA CULTURA
Público familiar. Entrada libre.
17.30 h
De oca a oca e... como porque me toca
Pepa Martín, mariscadora de contos

Público familiar18.00 h
Contacontos. Comendo Contos
Andrea Bayer
Prenderemos os fogóns para cociñar os contos que
farán as delicias de pequenos e grandes.
A partir de 3 anos
18.30 h
Merenda con pan de millo
Migallas Teatro
Baseado no libro-disco Pan de millo, esta actuación 
combina cancións e narración oral co proceso de 
elaboración do pan de millo como fío conductor.

Achegádevos a Pontevedra! Pasarédelo moi ben!
Para ver actividades de semana da prensa no blog dos peques .

luns, 10 de marzo de 2014

Pronto chega o Dia Internacional do LIBRO INFANTIL


Coma en anos anteriores as diferentes seccións da IBBY difunden a imaxe e o texto conmemorativos do Día Internacional do Libro Infantil, a celebrar o  de abril, en memoria de Hans Christian Andersen. 
Nesta ocasión, é Irlanda o país encargado de poñerlle palabra e imaxe a este cartel que percorre o mundo enteiro lembrando a necesidade de manter viva unha literatura de calidade destinada a nenos e mozos. O texto "Carta aos nenos do mundo" é da escritora e editora irlandesa Siobhán Parkinson, que recibiu entre outros premios o Premio Laureante na nög, o Premio de Literatura Infantil de Irlanda. Pola súa parte, a imaxe do cartel é de Niamh Sharkey, unha ilustradora irlandesa así mesmo merecedora do Premio de Literatura Infantil de Irlanda, entre outros galardóns.

GALIX, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, difunde este material e tamén un concurso de expresión creativa que convoca a OEPLI (Organización española para el libro infantil y juvenil),  no que poden participar as nenas e nenos dos centros de ensinanza primaria e dos dous primeiros cursos de ESO. Este concurso "INVITA A HANS CRHISTIAN ANDERSEN..." proponlle ás nenas e aos nenos que deseñen unha postal para invitar a Anderssen a visitar e coñecer o sitio no que viven, neste caso, Galicia. Pódense consultar as bases AQUÍ. O prazo para a entrega de orixinais remata o 2 de abril e deben enviarse ao domicilio de GALIX (ver nas bases).

venres, 7 de marzo de 2014

ACOSO ESCOLAR.

D. LUIS  LUACES , EXPERTO POLICÍA EN PROBLEMAS  DE
SEGURIDAD E CONVIVENCIA, acudiu ao cole
 o día 6 de marzo, para explicar e comentar aspectos relevantes
ao alumnado de 5º e 6º de primaria sobre o ACOSO ESCOLAR      


Contaremos novamente  coa súa presencia para unha charla para 
PAIS E NAIS do centro sobre ACOSO ESCOLAR  o MARTES 25 
de MARZO de 2.014, as 16:30 h. na BIBLIOCROCAIO. 

Máis información no Blog dos pequenos.     

8 de marzo : Día da MULLER


Preme  na imaxe para acceder ao xogo de LIM : JUGAMOS CON LOS VALORES.

A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo  ten elaborado e editado un manual con perspectiva de xénero sobre as distintas conmemoracións escolares oficiais que se celebraran ao longo do curso escolar.
 "Datas e datos para lembrar en pé de igualdade... e non esquecer o resto do ano", foi elaborado por profesionais do eido da cultura de igualdade e do ensino. As autoras son: Mercedes Oliveira Malvar, Esther Mato Méndez e Luisa Abad Abad.

Ademais do libro impreso, habilitouse un sitio web
www.igualdadevigo.org/datasedatos no que están subidos en liña todos os contidos. Este sitio web dispón de múltiples e variados recursos multimedia: videos, contos, documentos...
Guía moi completa para consultar sen dúbidar:
CROCAIO elexiu para presentarvos:
Tu fantástico y elástico cerebro
de JoAnn Deak, Ph. D. y Sarah Ackerley 


Un libro sobre ocerebro. Sí.
Recomendámolo  polo seu contido e ilustracións con sentido do humor e con exemplos coeducativos, onde nenos e nenas medran e exercitan  a súa cabeza e o seu corpo por igual ;-)