Os pequenos de 1º curso leron aos de Infantil de 3 anos o poema
De que cor? do libro-disco Cartas que veñen e van de Mamá Cabra
preme no libro para escoitar a canción
Os de 3º curso leron aos de 1º A historia da Reconquista de Vigo dos Bolechas e informáronos moi ben deste acontecemento que se festexaba o venres 28.
4º curso escolleu o libro El mar a rayas da colección A Fortiori lendo entre todos a 1º curso este libro que nos conta como hai quen toma a opción de separarse como opción posible para vivir mellor ao non poder vivir xuntos.
5º e 6º curso leron a 2º curso curiosidades animais que os tiveron ben atentos!
E 2º leu a infantil de 4 e 5 anos.
Un grande éxito as lecturas compartidas na Hora de ler, unha vez ao mes intercambiámonos para lerlles a outros cursos unha lectura fermosa, entretida, con canción incluída ..esforzándonos cada vez máis por facelo mellor...
Ningún comentario:
Publicar un comentario