xoves, 27 de outubro de 2016

Chegou o Samaín, para ver e ler!

Unha verdadeira festa coa que disfrutaremos e para participar, Crocaio seleccionou cancións,
 libros , pelis e puzzles...Adiante!
Video elaborado pola Biblioteca Mestres Goldar coa canción do grupo Mamá Cabra
Xoga con este Lim de Ana Mª Fernández facendo Clic nas cabazas e aprenderás sobre O Samaín:
LIBROS E PELIS, unha sorpresa en cada imaxe:



Consigue facer este puzzle:
Feliz Samaín!!

mércores, 5 de outubro de 2016

Gran festa da Bibliocrocaio!

Ola amigas e amigos :
O próximo luns día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares!
A Biblio Crocaio, despois de vestirse de gala, vai a celebralo por todo o alto.
Este ano o lema escollido dende a Consellería de Cultura e Educación para os centros educativos é: 
Biblioteca escolar : territorio das artes

Convidando a explorar fórmulas para espertar nos lectores e lectoras o interese por achegarse ao mundo das artes e poder experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a literatura, as artes visuais: cine, cómic, videoxogos...    



  A BiblioCrocaio xa traballou a pintura , os xogos e a música tradicional, e agora atrevémonos co sétimo arte: O CINE!    


Pasaremos todos os cursos pola BIBLIO, recibiremos os carnés de lector, as carpetas e os agasallos, cestas de libros e mochilas viaxeiras, alí, todos xuntos veremos a montaxe que preparamos sobre o libro de Pepe Carreiro: Os Bolechas queren saber como se fai o cinema, que tedes arriba premendo no director de cine e tamén no actor-Bolecha.

Veremos tamén a curtametraxe:

The fantastic flying books, gañadora dun Oscar á mellor curtametraxe animada.


  Croaio  anímavos a ler para
 ser bos críticos  e
             aprender todo o posible!!

domingo, 2 de outubro de 2016

Minúsculos

Rebuscando na rede cine interesante para o noso proxecto, ademais do cine que podedes ver na páxina:  http://crocaiodesampaio.blogspot.com.es/p/proxecto-o-cine.html,
 Crocaio atopou este marabilloso documental que forma parte dunha serie:
"Minuscule" de animación francesa de 78 episodos onde insectos e outros invertebrados “animados” son os verdadeiros protagonistas en escenarios reais. Nesta obra de arte consíguese  un achegamento ao mundo máis pequeno, ao que casi nunca prestamos atención, a non ser para “pisalos”. Sen diálogos e con zumbidos,  vai a gustar a pequenos e maiores. 
http://www.luzdeluciernagas.com/category/series-y-documentales-en-valores/