mércores, 31 de decembro de 2014

Nadal 2014 Eduardo Pondal


videoclip navidades 2014 por angelesfor

Especial Nadal da familia Trebón

Este ano, os Reis Magos, Papa Noel e mailo Apalpador decidiron unirse para pedir aos nenos e nenas unha serie de favores:
* que escollan ben o agasallo que máis lles guste e aquel ao que vaian dar uso; 
*que pidan poucos agasallos a fin de que cheguen para todos os nenos e nenas do Planeta Verde, recordando que o mellor de todos eles é compartir cos amigos os xoguetes; e o máis importante, 
*que sexan moi felices e que axuden tamén a ser felices ás persoas que teñen ao seu arredor. 


Unha carta moi especial from Ronsel de Ideas on Vimeo.

domingo, 21 de decembro de 2014

Este Nadal ler e xogar!

Lista de libros recomendados pola Biblio Crocaio para agasallar estes días de regalos e compras variadas.
Alñgúns deles están relacionados coproxecto anual da nosa Biblioteca: Os xogos e cancións tradicionais. Así que xa sabedes:
Este Nadal a ler e xogar.





domingo, 14 de decembro de 2014

Cen anos de Platero y yo de Juan Ramón Jiménez




Platero y yo, do poeta español Juan Ramón Jiménez, cumple cen años. Publicado por primeira vez por Ediciones la Lectura, dentro da colección Biblioteca de la Juventud, o libro, de 136 páginas,  rematouse de imprimir en Madrid o 12 de dicembro de 1914.
Consta de 63 capítulos, con ilustracións do artista gráfico valenciano Fernando Marco. Según se di, a Juan Ramón Jiménez non lle gustou a edición, que considerou descuidada, nin tampouco as ilustracións.
Después desa publicación para os nenos, en 1917 o poeta diu a coñecer coa Biblioteca Calleja unha versión da obra de maior extensión, ampliada a 138 capítulos e dirixida a público adulto.
Aquí tedes dúas das ilustracións realizadas por Fernando Marco hai xa un século:
Platero y yo - Ilustración de Fernando Marco - Primera edición 1914
Platero y yo - Ilustración de Fernando Marco - Primera edición 1914

luns, 8 de decembro de 2014

Unha eiruga moi larpeira: conto e canción


Xoga co conto:


PÁXINA QUE TEN MOITAS CANCIÓNS DOS CONTOS QUE MÁIS NOS GUSTAN COMO POR EXEMPLO A CANCIÓN DA ORUGA GLOTONA DA QUE TEDES AQUÍ A  LETRA E O ACCESO Á CANCIÓN :

PODEDES DESCARGAR A CANCIÓN E OS ACORDES PARA TOCALA AQUÍ:


E agora mirade outras eirugas:
esta para colorear:










venres, 5 de decembro de 2014

CULTURGAL en Pontevedra

5 a 7 de decembro: Maimiñas, marionetas de papel, A cociñeira do rei, Brica  Vai! Pitusa Semifusa,Peter PunK con Peor imposible,A tropa de trapo na selva do arco da vella , Mamá cabra e moito máis....na FEIRA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS no Pazo da Cultura de Pontevedra.

xoves, 4 de decembro de 2014

6 de Decembro día da Constitución española e do Estatuto Galego de Autonomía

Na primeira semana deste mes temos unha data de especial conmemoración: o día 6 de decembro lembramos A CONSTITUCIÓN española e o ESTATUTO de autonomía de Galicia.
O máis importante é que a nosa constitución garantíza que defenderá a
        IGUALDADE,  A  XUSTIZA  E A LIBERDADE.