sábado, 23 de abril de 2022

Recomendacións lectoras no Día do Libro

O venres, os nosos voluntarios lectores espertaron a nosa curiosidade con contos cheos de maxia e curiosidade. Xa sabemos que a lectura ábrenos as portas do mundo que nos atrevamos a soñar, así que agora toca elexir a cal queremos viaxar.



Voluntariado lector facendo recomendacións lectoras ao noso alumnado


mércores, 20 de abril de 2022

23 de abril, Día Internacional do Libro

 Chega unhas das datas máis importantes para a nosa biblioteca: o Día Internacional do Libro. 

Este ano estivemos traballando cunha actividade proposta polo mestre de Música do noso centro. Trátase da interpretación por parte de todo o alumnado do CEIP Eduardo Pondal dunha canción de María Elena Walsh. Ademáis, representamos a canción con láminas feitas por todos nós nun Kamishibai. 

Deixámosvos o resultado final porque é... XENIAL!

martes, 19 de abril de 2022

Obras de teatro curtas do voluntariado

 Queremos deixarvos aquí dúas pequenas obras de teatro que fixo o voluntariado da Bibliocrocaio que tratan sobre aspectos a evitar nas nosas vidas. Unha é "La chismosa" e a outra "Acusar sin pruebas" que nos mostra o fácil e é acusar e criticar sen fundamentos e os seus inconvenientes.



Visita Eva Mejuto

 Iniciamos este terceiro trimestre coa visita de Eva Mejuto. Durante este curso estivemos traballando co seu gran conto "10 gatiñas viaxeiras" e hoxe, 19 de abril, tivemos a sorte de compartir con ela un ratiño para charlar sobre el. 

GRAZAS, EVA, POLA TÚA VISITA!




martes, 12 de abril de 2022

venres, 8 de abril de 2022

Aula hospitalaria do Álvaro Cunqueiro "Sen cita previa"

 A aula hospitalaria do Álvaro Cunqueiro subiu ao seu blog os contos que lles mandamos da nosa Bibliocrocaio, preparados polo voluntariado. e danos as grazas. Deixámosvos o enlace ao seu blog para que vexades o labor tan estupenda que están a facer. 

Ánimo e moitas grazas polo voso traballo!

Enlace á entrada dos contos que lles mandamos

Enlace ao blog da aula hospitalaria "Sen cita previa"


domingo, 3 de abril de 2022

Contos do voluntariado de biblioteca. "Cocorico", "iVoy a comedte!"

 O voluntariado de biblioteca de 5º e 6º de primaria estiveron este curso a preparar contos para o resto do alumnado do noso colexio. Aquí vos deixamos dous deles que imos compartir coa escola infantil do Hospital Álvaro Cunqueiro.






Club de lectura voluntariado 6º de primaria

No club de lectura de 6º de primaria compartiron a lectura e debate do libro 

"As músicas viaxeiras" de Ramón Caride.

Libro que traballaron este trimestre. Unha historia que fala de princesas rebeldes e de músicas ventureiras, que nos lembra que non todos os contos son exactamente como nolo contaban.



Voluntariado da Bibliocrocaio "Con-ciencia e ficción"

 Ao longo deste curso todas as aulas participaron de cheo no proxecto conxunto deste curso da Bibliocrocaio.

Con-ciencia e ficción

O voluntariado de biblioteca de 5º e 6º de primaria expuso nos corredores do colexio murais que compartiron co resto do colexio. Aquí vos deixamos dous, un do sistema solar e outro das fases da lúa.