Amosando publicacións coa etiqueta Voluntariado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Voluntariado. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de xuño de 2026

Diplomas e agasallos para o noso voluntariado.

O voluntariado que colaborou este curso coa nosa Bibliocrocaio, recibiu como recoñecemento á súa labor un diploma e un agasallo.

Dende o equipo de biblioteca queremos agradecervos todo o voso traballo: colocando libros, ordenando, facendo de contacontos, como padriños e madriñas lectoras, facendo préstamos e outras tarefas.

Moitas grazas a todos e todas!!





sábado, 6 de xuño de 2026

O día a día do noso voluntariado

Agora que está rematando o curso, queremos agradecer a todo o alummado voluntariado, que tanto traballou este curso, pola súa labor: Lendo contos aos máis cativos, apadriñamento lector, colocando os libros que deixan os pequenos na cesta, facendo préstamos ou devolucións, buscando libros para o expositor das conmemoracións de cada mes, preparando a biblio para recibir autores e familias, ordenando a biblio creativa... para que así de estupenda estea a nosa Bibliocrocaio.

Moitas grazas chicos e chicas pola vosa gran labor!!








mércores, 20 de maio de 2026

Voluntariado cóntanos "Primeira semana na escola de vacas"

O noso voluntariado da Biblocrocaio deleitáronnos cun novo conto en infantil. Esta vez o libro foi:

                          "Primeira semana na escola de vacas"

Moitas grazas!!





mércores, 13 de maio de 2026

xoves, 30 de abril de 2026

Voluntariado. Cada semana contos en infantil.

Os maiores do colexio veñen cada semana a contar un ou dos contos a infantil na hora de ler.

Esta semana leron "Maruxa" e "Coelliño branco". Un deles acompañado de títeres que fixeron.

Moitas grazas!!