luns, 20 de agosto de 2012

Contando Cuentos

Tomado do CEIP Gerardo Diego de Los Corrales de Buelna en Cantabria, déixanos esta marabillosa aplicación de "Contos para o verán".
Utilizando a fabulosa colección de narracións que ofrece Esther de Lorenzo na páxina do seu programa "Contando Cuentos" de RNE-Radio5.

 Primeiro premedes na imaxe e a continuación non tedes máis que pinchar sobre o lombo do conto que queirades escoitar.

martes, 14 de agosto de 2012

Chegan os Xogos Paralímpicos Londres 2012

Rematados os Xogos Olímpicos de Londres 2012, pronto comezarán os Xogos Paralímpicos, a ceremonia de apertura será o mércores 29 de agosto e se clicades na mascota paralímpica podedes obter toda a información que precisades para seguir estes xogos.  España estará representada por 142 deportistas que con moito esforzo levan tempo preparando as súas mellores marcas.

 En Madrid entrenou o nadador vigués Chano Rodríguez que vai participar nestas olimpiadas. Para saber un pouquiño máis da súa vida déixovos este interesante vídeo:
 


Espero que vos gustara a canción do grupo Muse que foi a canción oficial destes Xogos de Londres 2012.
Aquí a tedes.

mércores, 1 de agosto de 2012

Planeta Verde tamén no verán.

Aínda que estamos de vacacións, envirónnos o quinto capítulo da serie de videocontos do Planeta Verde de Sogama http://player.vimeo.com/video/46731302  para que o poidades ver.
Neste capítulo, a familia Trebón coñece a praia, o mar, os peixes, etc, e aprenden a bucear, pero descubren moito lixo nos fondos mariños, o que entristece aos peixes (os delfíns choran). Deciden recoller os residuos e deixar todo limpo (os peixes son agora felices). Tamén recordan que tras merendar na praia, hai que recoller os restos e levalos para a casa, depositalos nas papeleiras ou nos contedores específicos.
Esperamos que vos guste.