venres, 29 de xaneiro de 2010

Recitando e creando pola paz

Con motivo do día da paz, os alumnos de quinto e sexto de educación primaria do CEIP EDUARDO PONDAL, crearon o seguinte poema, para compartir cos centros CEIP Igrexa-Candeán e CEIP Carballal.
Un trinta de xaneiro
morreu Ghandi na India,
foi o asesinato xenreiro
dun home que a non violencia quería.
Defendía o dereito do seu pobo
a viviren en xustiza e harmonía.
Entrementres un poeta
na cárcere de Alicante morría,
por defender a súa poesía
dos que non a querían.
Hai cen anos que naceu
e neste tempo moito exemplo deu.
Miguel Hernández cada día
de poesía dábanos unha dose,
e ao final morreu de tifus e tuberculose.
Adicado ao seu pequeno, lembramos aquí e agora
toda a tenrura da súa nana das cebolas:
"Es tu risa la espada
más victoriosa
venceder de las flores
y las alondras"
Tempo despois, John Lennon, gran compositor
de grandes temas de paz e amor.
"Imagine", a túa canción
énchenos de paz o corazón.
Por envexa morreches tiroteado,
nos nosos sonos sempre serás lembrado.
E agora, pobres cidadáns, que viven en Haití
moita colaboración terás que mostrar ti.
A esta escuridade démoslle cor,
pobres cidadáns que viron o tremor.
Nas calamidades que ocorren en sitios lonxanos
debemos colaborar coa axuda que lles damos.
O tremor en Haítí, foi unha barbaridade.
Pero a xente uniuse con moita solidariedade
colaborei por ti, e os 88 céntimo dei,
por o tremor e as outras cousas que vin.
Se unimos forzas contra a fame e a pobreza
non haberá tanta tristeza.
No colexio Candeán moita xente haberá
do colexio Carballal e do Eduardo Pondal virán.
Todos os nenos e nenas imos a estar
celebrando conxuntamente o día da paz.
Uns tocarán e outros recitarán.
Seguro vai ser un momento moi especial.
Será de verdade moi entretido
porque coñeceremos a amigos moi divertidos
e falaremos dos persoeiros de arriba
e o que foi da súa vida,
sen esquecernos de Haití
e de quenes estamos aquí.
Alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria do CEIP Eduardo Pondal

martes, 19 de xaneiro de 2010

Poemas semanais do mes de Xaneiro

Esperemos que disfrutedes coa lectura dos poemas escollidos no mes de xaneiro.



CANCIÓN DE ENERO


Por la calzada
camina enero:

zapatos blancos,
sombrero negro.

Sombrero negro,
zapatos blancos,
por la calzada
viene cantando:
Yo soy enero,
el mes primero
y el año empieza
cuando yo llego
con mis zapatos
y mi sombrero,
¡yo soy enero!
Alegre y triste,
triste y contento
por la calzada
camina enero.


David Chericián



















LA BLANCA PALOMA



La blanca paloma

nos quiere enseñar

que un mundo sin guerras

hemos de alcanzar.



Nos trae la alegría,

la Paz, el Amor,

y quiere que todos

vivamos mejor.

O Poema semanal - Decembro

A finais de decembro, decidimos poñer en marcha, a sección POEMA SEMANAL.
Cada semana escolle un curso o poema, que é lido por todos os alumnos na súa visita semanal á biblioteca.


O primeiro poema escollido, na época do Nadal, foi XOGUETES, de Helena Villar.



XOGUETES

Saíron as plabras

de caixa de cartón,

que falan a boneca

e o camión.


A boneca quería

xogar cos nenos

e que fagan as restras

dos seus cabelos,

que a bañen e lle dean

o biberón

para levar ao berce

en camisón.


E o camión quería

xogar coas nenas,

e que fagan carreiras

todas contentas,

que poñan pantalón

e camiseta

para lle ir ao motor

coa chave inglesa.

Falaron os xoguetes

na caixa de cartón,

conversa de boneca

e de camión.

HELENA VILLAR.