Con motivo do día da paz, os alumnos de quinto e sexto de educación primaria do CEIP EDUARDO PONDAL, crearon o seguinte poema, para compartir cos centros CEIP Igrexa-Candeán e CEIP Carballal.
Un trinta de xaneiro
morreu Ghandi na India,
foi o asesinato xenreiro
dun home que a non violencia quería.
Defendía o dereito do seu pobo
a viviren en xustiza e harmonía.
Entrementres un poeta
na cárcere de Alicante morría,
por defender a súa poesía
dos que non a querían.
Hai cen anos que naceu
e neste tempo moito exemplo deu.
Miguel Hernández cada día
de poesía dábanos unha dose,
e ao final morreu de tifus e tuberculose.
Adicado ao seu pequeno, lembramos aquí e agora
toda a tenrura da súa nana das cebolas:
"Es tu risa la espada
más victoriosa
venceder de las flores
y las alondras"
Tempo despois, John Lennon, gran compositor
de grandes temas de paz e amor.
"Imagine", a túa canción
énchenos de paz o corazón.
Por envexa morreches tiroteado,
nos nosos sonos sempre serás lembrado.
E agora, pobres cidadáns, que viven en Haití
moita colaboración terás que mostrar ti.
A esta escuridade démoslle cor,
pobres cidadáns que viron o tremor.
Nas calamidades que ocorren en sitios lonxanos
debemos colaborar coa axuda que lles damos.
O tremor en Haítí, foi unha barbaridade.
Pero a xente uniuse con moita solidariedade
colaborei por ti, e os 88 céntimo dei,
por o tremor e as outras cousas que vin.
Se unimos forzas contra a fame e a pobreza
non haberá tanta tristeza.
No colexio Candeán moita xente haberá
do colexio Carballal e do Eduardo Pondal virán.
Todos os nenos e nenas imos a estar
celebrando conxuntamente o día da paz.
Uns tocarán e outros recitarán.
Seguro vai ser un momento moi especial.
Será de verdade moi entretido
porque coñeceremos a amigos moi divertidos
e falaremos dos persoeiros de arriba
e o que foi da súa vida,
sen esquecernos de Haití
e de quenes estamos aquí.
Alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria do CEIP Eduardo Pondal
Ningún comentario:
Publicar un comentario