martes, 28 de abril de 2015

Contos de burros. Ignacio Vilariño na Biblio Crocaio


Disfrutamos coa vista de Ignacio Vilariño, contacontos de Lalín, que nos contou contos tradicionais de burros, falounos das historias de Rodari e tamén  cantamos con el, acompañado do seu uquelele, a canción de Rosa León "O burro enfermo".
Fíxonos pasar uns momentos moi divertidos!

Técnicas para inventar historias de Rodari http://www.neuronilla.com/desarrolla-tu-creatividad/tecnicas-de-creatividad/741-gramatica-de-la-fantasia-aportes-para-contar-historias.html

domingo, 26 de abril de 2015

Día do LIBRO: Lecturas recomendadas, padriños e madriñas lemos aos máis pequenos, acto na Biblio Crocaio, préstamos especiais de Crocaio ...

Video resume das actividades deste día, tamén podes ver outro no Blog dos PEQUES:

PARA O CEIP EDUARDO PONDAL
O DÍA DO LIBRO É SEMPRE MOI ESPECIAL!



CROCAIO PRESTOU  MOITOS   LIBROS
QUE DEVOLVEREMOS UNHA VEZ LIDOS!

NA BIBLIO CROCAIO LEMBRAMOS 
POR QUE ESTE DÍA CELEBRAMOS!





SAÍMOS NA HORA DE LER
A LER CONTOS  CON PRACER!


NA EXPOSICIÓN DE LIBROS NOVOS
HABÍA APARTADO ESPECIAL PARA XOGOS!


mércores, 22 de abril de 2015

Se premes neste enlace terás toda a información sobre o Día DO LIBRO.
¿Sabes por que se celebra o 23 de abril?
Poderás ler a historia da vida tan interesante e aventureira que tiveron estes dous grandes escritores Entra e aprende!
                              
Este ano cúmplense catrocentos anos da publicación do Quijote.
En 1615 publicouse "Segunda parte del  Inxenioso caballero Don Quixote de la Mancha"


E aquí tes ese famoso comezo da primeira parte do Inxenioso hidalgo Don Quixote da Mancha de Miguel de Cervantes:  



luns, 20 de abril de 2015

23 de abril DÍA MUNDIAL DO LIBRO


O mes de abril ferve nas bibliotecas escolares galegas cunha gran actividade  arredor do libro e a lectura.
Se premedes no marcapáxinas podedes atopar a relación de centros con actividades neste día, entre eles o Eduardo Pondal, xa que ademais do Boletín de lecturas recomendadas faremos ese día o apadriñamento lector, como anos antreriores, e haberá algunha sorpresa máis .... 

mércores, 15 de abril de 2015

Día do libro

O próximo xoves día 23conmemoraremos O DÍA DO LIBRO.
Entre as actividades realizaremos a lectura dos  padriños e madriñas lectores en castelán, así que ide collendo  o libro na Bibliocrocaio e practicando esa lectura.

Mentres tanto disfrutade con esta película:

Natanaël, un neno de sete anos, hereda da súa tía Eléonore unha colección de libros e contos, a pesar de que aínda non sabe ler.
Pola noite os personaxes saen dos contos para levar a súa propia vida.

luns, 13 de abril de 2015

Visita de Ledicia Costas :

Temos que contarvos que Crocaio aprendeu moitas cousas e pasou uns bos momentos , aí o tedes na montaxe coa boca aberta , pasmado de atento que estivo á conversa de Ledicia Costas:

A escritora viguesa Ledicia Costas  visita a Bibliocrocaio - Abril 2015-CEIP Eduardo Pondal -Vigo on PhotoPeach


sábado, 11 de abril de 2015

Así foi a primeira xornada de Xogos Tradicionais no CEIP Eduardo Pondal:

Montaxe cedida polo Blog dos Peques de Sampaio, realizado pola profe Ángeles Formoso.
 Pasade o rato sobre o mural e iranse abrindo os videos dos diferentes xogos:

venres, 10 de abril de 2015

Grazas Ledicia pola túa amabilidade!


Así recibiu o noso libro de receitas!
 Contounos moitas anécdotas da súa profesión de escritora nova, aos trece anos xa escribía!
 Houbo "chocoletas" para repartir.
Gustoulle moito o noso gran mural!

mércores, 8 de abril de 2015

Mañá visita a BIBLIOCROCAIO a escritora Ledicia Costas

Estes e outros moitos traballos ,  ata un Libro de receitas tradicionais ! fixeron os alumnos e alumnas de 5º e 6º mentres lían Escarlatina, a cociñeira defunta , agardando impacientes á súa autora: Ledicia Costas.

Xornada de xogos Tradicionais

Hoxe mércores, despois da Hora de ler , celebramos a 
Primeira Xornada de Xogos Tradicionais que pola chuvia non puidemos facer antes da Seman Santa.
Foi todo un éxito, un exemplo de participación e deportividade. 
Foron pasando polos diferentes xogos ata conseguir encher a cartilla con todos os selos.
Mañá teremos fotos da participación xa que hoxe cada titor estaba nun xogo e non houbo máis tempo para compartir as fotos.
A montaxe dávos unha idea dos xogos que entusiasmaron a todos e que lles gustan moito  cando participamos  os maiores cos nenos, así que papis : A xogar ! 
Non deamos por esquecidos estes xogos ! 
Poden convivir coas maquiniñas e son moi saudables, había que ver como suaban aínda sen facer sol!

I ENCONTRO DE XOGOS TRADICIONAIS - Ceip  Eduardo Pondal - Vigo -  Abril 2015  on PhotoPeach

O xogo da Petanca

O xogo da PETANCA - CEIP Eduardo Pondal - Vigo - Marzo 2015- on PhotoPeach