mércores, 30 de marzo de 2011

Hoxe mércores 30 de marzo, a escritora An Alfaya estivo na BIBLIOCROCAIO co alumnado de 5º e 6º cursos.



Lucas: "Foi un bo día ...contounos que foi xurado nalgúns premios literarios e di que é un pouco difícil...

Andrea : "Contounos a historia da buguina namorada, que tivo que darlle un bico de amor ao náufrago nunha illa deserta para salvalo..."


Laura M: "No seu libro: Down, cando escribiu puxo tornillo e despois cambiouno por "parafuso", palabra que ela descoñecía...

Madelen: "Cando ela era nena, gustáballe moito escribir e cando estaba na clase escribindo nun folio as súas fantasías a profesora dícíalle: Señorita Alfaya, que está facendo? ela contestáballe, nada profe...


Jeni: Ensinounos os libros de Down en catalán, en castelán, en galego e en coreano, si,si, en coreano...Dixo que ós libros hai que achegarse cos cinco sentidos..






Amanda: "Gustoume o teatro que fixo..."





Grazas An, por traernos esa ollada de luz,
esa imaxinación que quedou prendida na nosa biblioteca
e que medrará con nós.
Lembraremos sempre a diferencia das margaridas azuis.

                   Bicos de CROCAIO e CRODILA que estiveron moi atentos, cos cinco sentidos...

luns, 28 de marzo de 2011

Benvida á PRIMAVERA con poemas.

Os nenos e nenas de 5º e 6º leron poemas no seu taller de lectura mensual para os máis pequenos do cole e ademais faláronlles de flores xa que comezamos unha nova estación: a primavera.

Estiveron moi atentos e aprenderon moitos nomes de flores e de poetas.



A Primavera e a Poesía: unha flor e un poema on PhotoPeach

xoves, 24 de marzo de 2011

O xogo dos mundos

CROCAIO andivo de visita pola rede estes día e déixavos un xogo para que entrenedes a memoria, a lóxica, a vista e a atención.
Agardade un chisco a que cargue e escollede o voso nivel.ADIANTE!!


sábado, 19 de marzo de 2011

Día mundial da auga

 Despois de ler na clase "Os Bolechas queren saber como aforrar auga" seguro que podes contestar a estas preguntas:

- Cantos litros de auga abondan por persoa e por día?
- Cantos litros consumimos en Galicia por persoa cada día?
- Que lle pasará á Terra se consumimos máis auga da que hai?
-Di unha maneira de aforrar auga na casa.

                     Todos podemos facelo!!


Xogo online sobre a auga

1. Características físicas e químicas da auga.
2. O cliclo da auga.
3. Importancia da auga para a vida.
4. Usos e abusos da auga.
5. Como se obten a auga.

O  obxectivo do Día Mundial da Auga 2011 é centrar a atención internacional sobre o impacto do rápido crecemento da poboación urbana, a industrialización e a incertidumbre causada polo cambio climático, os conflictos e os desastres naturales sobre os sistemas urbanos de abastecemento de auga.  

O tema deste ano, Agua para as Cidades: Respondendo ao Desafío Urbano, ten por obxecto poñer de relevo e alentar aos gobernos, ás organizacións, comunidades e persoas a participar activamente para responder ao desafío da xestión da auga urbana.
Abrir o grifo e saber que inmediatamente brotará un chorro de auga potable é un luxo ao alcance de moi poucos seres humanos na actualidade.
Millóns de persoas teñen serias dificultades para poder acceder á auga.A sequía xa non é un problema puntual, sinón unha emerxencia global.


Podedes visitar o sitio oficial en
(http://www.unwater.org/worldwaterday/index_es.html)




venres, 18 de marzo de 2011

NOTICIAS DE POESÍA

                            Palabras
                            Odios
                            Esperanzas
                            Salaios
                            Ideas
                            Amores
                                         Fran Alonso

               Homenaxe a GLORIA SÁNCHEZ
O pasado sábado 5 de marzo, o Salón do Libro de Pontevedra ofreceu unha bonita homenaxe á poeta Gloria Sánchez; nela participaron familiares, amigos, nenos e nenas e o grupo Mamá Cabra que lle puxo música a  poemas como O meu tío Timoteo, María Manuela e co que colaborou no seu derradeiro disco Ola Ola Lá!

Disfrutade con este Tío Timoteo:



LIBROS de poesía para o DÍA DA POESÍA                                       


PARA FACER POEMAS NA CLASE:



PARA LER POEMAS E XOGAR COAS PALABRAS:
O meu gato é un poeta  de  Fran Alonso
Este  libro  acheganos á poesía dun xeito lúdico, semellándo un obradoiro ou un xogo.  Contén un CD con seis cancións de Xurxo Souto, carismático músico galego, líder do rock bravú, coñecido polo seu paso polo grupo Os Diplomáticos de Monte Alto e polas súas participacións no Xabarín Club.
Premendo na imaxe accederedes á páxina de presentación deste fantástico libro.


  Fran Alonso presenta así o seu libro:
"Un gato cun aquel de toleirán, apaixonado pola poesía, foi, aínda que pareza incrible, quen me axudou a escribir o meu novo libro.
Debo confesalo porque non todo o mérito é meu. Miaña como un auténtico vate, e, coma todos os gatos, enreda e xoga, pero coas palabras. É un malabarista, un equilibrista das palabras, e sabe facer versos divertidos coma ninguén. Así naceu, hai xa varios anos, O meu gato é un poeta, que esta semana ve a luz nas librerías, nun parto un tanto animal e, desde logo, profundamente felino.
E, para seguir confesando as axudas que as persoas (ou animais) xenerosas me prestaron, debo dicir que Xurxo Souto me acompañou  poñéndolle música aos poemas do gato.
O gato ten unha web : gatopoeta.net  na que o libro continúa, porque moitas das páxinas dos poemas que escribiu o meu gato remiten a esa web. Pero só se pode entrar cun contrasinal que vén no libro. É cousa do meu gato, é que moi reservado. E eu, con cara de mico."



     

xoves, 10 de marzo de 2011

SEMANA DA PRENSA

Celebramos A SEMANA DA PRENSA NA  ESCOLA, entre os días 10 e 18 de marzo.               


QUEREMOS
Fomentar a familiarización coa prensa como medio de
información dentro da vida escolar,a fin de aumentar as súas competencias lingüísticas, culturais e sociais na súa formación integral, para chegaren a ser uns bos cidadáns cun correcto espíritu crítico e unha responsable actividade cidadana.

Actividades :
Repasamos a web de Norberto que se abre clicando no Quiosco de Prensa de arriba.
Tamén podemos ir ao RECANTO DE MIK e buscar alí clicando na imaxe seguinte:

1-Seleccionamos  unha "Noticia do día".
Cada día comentaremos e exporemos unha noticia no corcho da aula.

2-Investigamos:
*Número de edicións  que imprime diariamente "A voz de Galicia"-Ver en (Como se fai un periódico)
**Seccións dun periódico-(Ver Mural-esquema)

***Busca o nome de :
Dous xornais de Vigo.
Dous xornais de Galicia.
Catro xornais que se publiquen en toda España.
Catro de outras comunidades.
Catro xornais deportivos.

****Por último: selecciona unha noticia e imprímea.

martes, 8 de marzo de 2011

Recursos para traballar a igualdade de xénero



Por xentileza do RECANTO DE MIK, clicando na imaxe teredes toda unha páxina chea de recursos para traballar nas aulas, xogar, cantar e ver sobre a IGUALDADE DE XÉNERO.
¡¡MOI INTERESANTE!!

luns, 7 de marzo de 2011

 8 de marzo de 2011: celebración  dun Día da Muller Traballadora moi especial.

*Celebramos o primeiro Centenario do Día da Muller Traballadora.
O primeiro Día Internacional da Muller Traballadora celebrouse o 19 de marzo de 2011 en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suiza, coa celebración de mítines ós que asistiron máis de un millón de persoas, e nos que se reclamaba o dereito das mulleres a votar e a ocupar cargos públicos, o dereito ó traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral.


*Este ano tamén celebramos o 80 aniversario do voto feminino en España, para a consecución do cal foi clave a figura de Clara Campoamor. Con tal motivo, a Fábrica da Moeda o do Timbre ten presentado unha moeda conmemorativa,realizada en prata e cobre porase en circulación o primeiro semestre do ano cun valor de 20 euros.

    Para coñecernos mellor:

    Mulleres anónimas e outras moi coñecidas aparecen nas páxinas destes libros para mostrarnos a súa contribución á historia.Marta Rivera firma dous libros:
    .
    "Mi primer libro sobre ellas" e


    "Ellas hicieron historia" (Anaya)


    "La Mitad del cielo":(Perímetro)
     14 testemuñas de mulleres de todo o mundo, das que a súa forza e traballo son chaves para o desenvolvemento económico.




    Aproveitamos  a ocasión para compartir con vós o seguiente vídeo que dá conta non só da situación actual das mulleres no mundo, sinon tamén dos retos aos que hoxe en día debemos enfrentarnos como sociedade para recoñecer os  seus méritos e darlles o lugar que gracias a éstes merecen ocupar.

    mércores, 2 de marzo de 2011

    martes, 1 de marzo de 2011

    O Meco Turista manda para mércores:

    Monumento a Europa. Juan Oliveira Vieitez (1980-90, na praia de Samil, en Vigo. Ata aí chegou o noso turista de visita pola nosa cidade, e así se lle ocurriu o mandado do mércores: