venres, 18 de marzo de 2011

NOTICIAS DE POESÍA

                            Palabras
                            Odios
                            Esperanzas
                            Salaios
                            Ideas
                            Amores
                                         Fran Alonso

               Homenaxe a GLORIA SÁNCHEZ
O pasado sábado 5 de marzo, o Salón do Libro de Pontevedra ofreceu unha bonita homenaxe á poeta Gloria Sánchez; nela participaron familiares, amigos, nenos e nenas e o grupo Mamá Cabra que lle puxo música a  poemas como O meu tío Timoteo, María Manuela e co que colaborou no seu derradeiro disco Ola Ola Lá!

Disfrutade con este Tío Timoteo:



LIBROS de poesía para o DÍA DA POESÍA                                       


PARA FACER POEMAS NA CLASE:



PARA LER POEMAS E XOGAR COAS PALABRAS:
O meu gato é un poeta  de  Fran Alonso
Este  libro  acheganos á poesía dun xeito lúdico, semellándo un obradoiro ou un xogo.  Contén un CD con seis cancións de Xurxo Souto, carismático músico galego, líder do rock bravú, coñecido polo seu paso polo grupo Os Diplomáticos de Monte Alto e polas súas participacións no Xabarín Club.
Premendo na imaxe accederedes á páxina de presentación deste fantástico libro.


  Fran Alonso presenta así o seu libro:
"Un gato cun aquel de toleirán, apaixonado pola poesía, foi, aínda que pareza incrible, quen me axudou a escribir o meu novo libro.
Debo confesalo porque non todo o mérito é meu. Miaña como un auténtico vate, e, coma todos os gatos, enreda e xoga, pero coas palabras. É un malabarista, un equilibrista das palabras, e sabe facer versos divertidos coma ninguén. Así naceu, hai xa varios anos, O meu gato é un poeta, que esta semana ve a luz nas librerías, nun parto un tanto animal e, desde logo, profundamente felino.
E, para seguir confesando as axudas que as persoas (ou animais) xenerosas me prestaron, debo dicir que Xurxo Souto me acompañou  poñéndolle música aos poemas do gato.
O gato ten unha web : gatopoeta.net  na que o libro continúa, porque moitas das páxinas dos poemas que escribiu o meu gato remiten a esa web. Pero só se pode entrar cun contrasinal que vén no libro. É cousa do meu gato, é que moi reservado. E eu, con cara de mico."



     

Ningún comentario: